O Espazo Schengen permite a libre circulación de persoas dentro dos países signatarios sen ter que parar nas fronteiras e presentar o seu pasaporte. É necesario ser portador dun documento legal coma, por exemplo, o DNI. O Espazo Schengen non se relaciona coa libre circulación de mercadorías (embargos etc.) cuxa entidade mediadora é a Unión Europea e os outros membros fora do bloque económico.
Edificio da alfándega na Raia entre Galiza e Portugal, que deixou de ter uso en 1992 ao adoptaren España e mais Portugal o Acordo de Schengen.
O acordo foi orixinalmente asinado o 14 de xuño do 1985 por cinco países (Bélxica, Francia, Alemaña, Luxemburgo e Países Baixos). A sinatura do tratado ocorreu a bordo do barco Princesse Marie-Astrid no río Mosela, próximo a Schengen, unha pequena localidade Luxemburguesa na fronteira con Francia e Alemaña.
Unha fronteira Schengen típica: non existe posto de control. A foto tomouse na fronteira entre Austria e Alemaña
O acordo asinado en 1985 estabeleceu os pasos a seguir para criar o espazo Schengen. Un documento adicional chamado Convención de Schengen foi creado para pór o tratado de Schengen en práctica. Este segundo documento substituíu o primeiro e foi asinado por cada país na seguinte orde: