Décimo (imposto)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Décimo (do latín decimus/decumus,a,um 'décimo, décima parte') significa a décima parte de algo, paga voluntariamente ou a través de taxa ou imposto, normalmente para axudar a organizacións relixiosas xudaicas ou cristiás. Malia actualmente estar asociada á relixión, moitos reis na antigüidade esixían o décimo ós seus súbditos.

Hoxe, os décimos son normalmente voluntarios e pagos en diñeiro, cheque ou accións, mentres que historicamente eran pagos na forma de bens, como con produtos agrícolas. Algúns países europeos permiten con forza de lei que institucións relixiosas cobren o décimo como obrigatorio. En España foi abolido por lei en 1847.

Na Idade Media[editar | editar a fonte]

Na Idade Media, os labregos entregaban un décimo das súas colleitas e os traballadores da súa produción. Estes dereitos fóronse recortando en beneficio do reino, que se foi apropiando de partes deste imposto. No reino de Castela existía, alén do décimo, outro imposto relixioso, o Voto de Santiago.

O décimo relixioso[editar | editar a fonte]

Orixe[editar | editar a fonte]

O décimo nas relixións abraámicas foi instituído na Lei de Moisés, estipulado para manter os sacerdotes e a tribo de Levi, que mantiña o Tabernáculo e despois o Templo, xa que eles non podían posuír herdades e territorios como as outras tribos. Estes cartos tamén se usaban para asistir a orfos, viúvas e pobres. Despois da destrución do Templo no ano 70 DC, a clase sacerdotal e os sacrificios foron desmantelados, así que os rabinos pasaron a recomendar que os xudeus contribuísen en obras caritativas.

En ningún lugar da Biblia hai referencias de numerarios como décimos e si a alimentos. Cando se refire a numerarios é especificamente para ofertas.

O Papa Bieito XVI extinguiu o termo "décimos" do quinto Mandamento da Igrexa, conforme o Compendio do Catecismo da Igrexa católica promulgado por el o 28 de xuño de 2005. O Quinto Mandamento agora é así: "Atender ás necesidades materiais da Igrexa, cada cal segundo as súas propias posibilidades".

Décimos e décimo[editar | editar a fonte]

Até hai ben pouco tempo, o quinto Mandamento da Igrexa católica era: "Pagar décimos conforme o costume". Aqueles "décimos" sen artigo definido ("o" décimo) nunca representaron a décima parte; por convención, reforzada pola expresión "conforme o costume", enténdese en realidade toda a recadación da parroquia como sempre o foi, ou sexa, dereitos de estola ou dereitos de pé de altar ou décimos directos, bens.

Cando terminou o décimo?[editar | editar a fonte]

Acabou con Xesús que, como Sacerdote segundo a orde de Melquisedec, abrogou o sacerdocio levítico, ou sexa, todos os seus sacrificios, décimos, leis e prácticas habituais; segundo explica o propio San Paulo: salvo que sexa o sacerdocio, é necesario que se mude tamén a lei. (Hebr VII, 12)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]