Instituto Social da Mariña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Instituto Social da Mariña (Instituto Social de la Marina) é unha entidade xestora con personalidade xurídica propia, de ámbito estatal, adscrita á Secretaria de Estado da Seguridade Social dependente do Ministerio de Emprego e Seguridade Social de España, que ten como tarefa a xestión, administración e recoñecemento do dereito ás prestacións do Réxime Especial da Seguridade Social dos traballadores do mar, así como a inscrición de empresas, altas e baixas dos traballadores acollidos a dito réxime especial e demais competencias recoñecidas nas normas reguladoras deste.

Buque Hospital "Juan de la Cosa".

Realiza funcións recadatorias das achegas do sector marítimo-pesqueiro, en colaboración coa Tesourería Xeral da Seguridade Social. Presta asistencia sanitaria e hospitalaria aos traballadores do mar e os seus beneficiarios dentro do territorio español nos establecementos propios do mesmo Instituto. A asistencia sanitaria dos traballadores do mar mantense a bordo e no estranxeiro, utilizando os seus propios medios, tales como Centro Radio-Médico, Banco de datos, Centros no estranxeiro, buques sanitarios e outros que poidan implantarse, ou acordando a evacuación e repatriación dos traballadores enfermos ou accidentados.

Tamén desenvolve a formación e promoción profesional dos traballadores do mar axustándose ás directrices da Subsecretaría de Pesca e Dirección Xeral da Mariña Mercante.

Buques hospital[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]