All Tomorrow's Parties

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
All Tomorrow's Parties
Localización Reino Unido, Estados Unidos e Australia
Anos 1999 - 2016
Nº edicións
Fundadores Barry Hogan
Data
Xénero música electrónica, post-rock, música de vangarda, hip hop
Organizador
Web oficial http://www.atpfestival.com/

All Tomorrow's Parties (comunmente coñecido como ATP) foi unha organización baseada en Londres que promoveu festivais, concertos e gravacións por todo o mundo durante máis de dez anos. Fundouna en 2001 Barry Hogan para preparar o primeiro All Tomorrow's Parties Festival que tivo lugar nas colonias de vacacións de Camber Sands, East Sussex, cun cartel comisariado por Mogwai.

Chamado así pola canción "All Tomorrow's Parties" de The Velvet Underground, foi creado como unha alternativa máis íntima a festivais máis grandes e máis corporativos como os de Reading ou Glastonbury,[1] e cunha tendencia cara o post-rock, a música de vangarda e o hip-hop máis underground, xunto co rock máis tradicional, pero presentado nun ambiente máis íntimo que un gran estadio ou un enorme campo. All Tomorrow's Parties foi inicialmente un festival sen patrocinadores, onde os organizadores e artistas estaban nas mesmas instalacións que os asistentes.[2] Outra diferenza importante é que os artistas eran escollidos por significativas bandas ou artistas, resultando en eventos pouco ortodoxos combinando normalmente actuacións de todos os tamaños, épocas e xéneros.

O festival celebrouse en Reino Unido, Estados Unidos e Australia, e foi comisariado polos seguintes artistas: Deerhunter, TV on the Radio, Yeah Yeah Yeahs, The National, The Drones, Greg Dulli (Afghan Whigs), Jeff Mangum (Neutral Milk Hotel), Battles, Caribou, Les Savy Fav, Amos, Animal Collective, Godspeed You! Black Emperor, Jim Jarmusch, Pavement, The Flaming Lips, The Breeders, Nick Cave & The Bad Seeds, Mike Patton & Melvins, My Bloody Valentine, Explosions in the Sky, Pitchfork Media, Portishead, Fennesz, Dirty Three, Thurston Moore, The Shins, Sleater-Kinney, Dinosaur Jr., Devendra Banhart, Mudhoney, The Mars Volta, Vincent Gallo, Slint, Jake & Dinos Chapman, Stephen Malkmus, Mogwai, Tortoise, Shellac, Sonic Youth, Autechre, Modest Mouse e Matt Groening.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ATP (ed.). "ATP - The End Of An Era". Consultado o 2 de novembro de 2016. 
  2. The New York Times (ed.). "Flouting the Mainstream, Forgoing a Corporate Stamp". Consultado o 2 de novembro de 2016.