Explosions in the Sky é unha banda estadounidense de post-rock formada en Austin, Texas en 1999. O grupo é un cuarteto composto polo batería Chris Hrasky e os guitarristas/teclistas Michael James, Munaf Rayani e Mark Smith. A banda tocou orixinalmente co nome Breaker Morant. Principalmente tocan con tres guitarras eléctricas e unha batería, aínda que Michael James cambia ás veces a súa guitarra por un baixo, tocando tamén os tres guitarristas teclados e sintetizadores. A a banda engadiu un quinto membro para as súas actuacións ao vivo, peirncipalmente para engargarse das partes de baixo e teclados. A súa música é case enteiramente instrumental.
O grupo gañou popularidade máis alá da escena post-rock polos seus elaborados traballos de guitarras, polo seu estilo narrativo instrumental, que eles chaman "mini-sinfonías catárticas", e polos seus entusiastas e emocionantes concertos.[1]