A banda foi formada en 1991 polo teclista Geoff Barrow e a cantante Beth Gibbonsque tomaron o nome da localidade natal de Barrow, situada a 15km ao oeste de Bristol. Barrow traballara anteriormente con outras dúas bandas de trip hop de Bristol, Massive Attack e Tricky.
Despois de estrear a curtametraxe To Kill a Dead Man, Portishead asinou un contrato coa discográfica Go! Beat que editou o seu primeiro álbum Dummy en 1994, coa colaboración do guitarrista Adrian Utley. A pesar da nula campaña de publicidade da banda, o álbum foi un éxito en Estados Unidos e Europa, os sinxelos "Glory Box" e "Sour Times" alcanzaron a cabeza das listas de éxitos.
O seu segundo álbum Portishead, saíu á venda en 1997 e incluíu o sinxelo "All Mine". Amais, gravaron un concerto con acompañamento de orquestra en Roseland, Nova York, onde foron interpretadas as súas cancións máis famosas. Este, saíu á venda en 1998 cun DVD do concerto. En 1999 colaboraron con Tom Jones nunha canción do seu álbum Reload.
Portishead e outros grupos de trip hop non están conformes con este termo, argumentando que é só unha invención dos medios para catalogar a súa música inclasificábel.
No ano 2019 anuncian novo disco para o 2020. Ademais Barrow colabora con Netflix na serie "Black Mirror" e Beth Gibbons con Krzysztof Penderecki e a Orquestra Sinfónica da Radio Nacional de Polonia [1][2][3].