Alfredo Tella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Alfredo Tella Comas»)
Infotaula de personaAlfredo Tella
Biografía
Nacemento1873 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de outubro de 1927 Editar o valor em Wikidata (53/54 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsMercedes Tella Editar o valor em Wikidata
Exposición no Palacio de María Pita, en 1917. De esq. a der., de pé: Tella, Abelenda, Barreiro, Sobrino, Palacios, Seijo, Sotomayor, Lloréns, Castelao, Concheiro, Francés, Madariaga (co chapeu nas mans), González del Villar e dúas persoas sen identificar. Sentados: a muller de Francés, a Pardo Bazán e Picadillo.

Alfredo Tella Comas, nado na Coruña en 1873 e finado en Madrid o 12 de outubro de 1927[1], foi un xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Irmán de Mercedes Tella. Xornalista xocoso, foi redactor de El Noroeste e despois de El Orzán, e colaborou en El Correo Gallego.

O 17 de febreiro de 1903 na súa crónica de El Noroeste fixo un comentario sarcástico sobre os mozos que se vestían de "madamas" no Entroido, solicitando que o alcalde tomase medidas para evitar equívocos. Ao día seguinte, o alcalde Argudín Bolívar publicou o bando de entroido, cun artigo no que prohibía que os homes se disfrazasen de muller. La Voz de Galicia ironizou con que a medida prexudicara aos homes, e non ao revés. Ao ano seguinte, Francisco Mariño, o sucesor no cargo de Argudín Bolívar prohibiu tamén que as mulleres se disfrazasen de home.[2]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O Concello da Coruña dedicoulle unha rúa en 1966.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Orzán, 13-10-1928, p. 1.
  2. Xosé Alfeirán (6-3-2017). "Prohibido vestirse de mujer". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 08-04-2020. 
  3. "Sección Coruñeses Ilustres del barrio: ¿Quién fue Alfredo Tella?". Blog del Ventorrillo (en castelán). 1-8-2009. Arquivado dende o orixinal o 11-10-2016. Consultado o 18-07-2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]