Alfredo Souto Cuero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alfredo Souto Cuero
Alfredo Souto Cuero.jpg
Nacemento14 de maio de 1862
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento6 de setembro de 1940
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor e xuíz
FillosArturo Souto
editar datos en Wikidata ]

Alfredo Souto Cuero, nado na Coruña o 14 de maio de 1862 e finado o 6 de setembro de 1940, foi un xuíz e pintor galego, considerado, xunto a Serafín Avendaño, precursor da escola galega de pintura.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pertencente a unha familia da alta burguesía,[1] foi fiscal, xuíz de primeira instancia, maxistrado e presidente de audiencia provincial, o que o levou a residir en varias cidades españolas, ata a súa xubilación en 1923. Discípulo de Román Navarro[2], foi debuxante da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra de Casto Sampedro Folgar. En Madrid asistiu á Real Academia de Belas Artes de San Fernando.[3] O 13 de febreiro de 1938 ingresou como académico de número na Real Academia Galega de Belas Artes,[4] baixo a presidencia do arquitecto Rafael González Villar.

Colaborou coa prensa en Galicia Moderna, Heraldo de Madrid, Blanco y Negro, La Ilustración Artística e La Ilustración Española y Americana[5].

Teñen obra súa a Academia Galega de Belas Artes, a Deputación da Coruña, o Museo de Belas Artes da Coruña[6], a Colección Afundación[3], a Pinacoteca Francisco Fernández del Riego, o Museo Provincial de Pontevedra, o Museo del Prado[7] e o Museo de Huelva[8]

Foi pai de Arturo Souto Feijoo (Pontevedra 1902 - México 1964), pintor.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

1891. Museo do Prado (en depósito no Museo de Belas Artes da Coruña).[6] 
1893. Museo do Prado (en depósito no Museo de Huelva).[8] 
1900. Colección Afundación.[3] 
1922. Blanco y Negro.[9] 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Til Jar, M.ª Ángeles. "Alfredo Souto Cuero" Diccionario Biográfico electrónico. RAH.
  2. Gran Enciclopedia Galega
  3. 3,0 3,1 3,2 García Iglesias, José Manuel. Colección Afundación
  4. Histórico de académicos numerarios RAGBA.
  5. Utande 1987, p. 263.
  6. 6,0 6,1 Museo de Belas Artes da Coruña
  7. Museo del Prado (en castelán).
  8. 8,0 8,1 Museo de Huelva[Ligazón morta] (en castelán).
  9. Blanco y Negro do 20/8/1922 na hemeroteca de ABC.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]