Torcuato Ulloa
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1863 Pontevedra, España |
| Morte | 16 de agosto de 1946 Pontevedra, España |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, escritor |
| Membro de | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Isolina Martínez Besada |
| Irmáns | Darío Ulloa Renato Ulloa Carlos Ulloa Varela |
| Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Ulloa (Torcuato), p.458) Enciclopedia Galega Universal Diccionario bio-bibliográfico de escritores |
Torcuato Ulloa Varela, nado en Pontevedra en 1863 e finado na mesma cidade o 16 de agosto de 1946, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na súa xuventude viviu en París e despois residiu en Madrid onde colaborou en El Imparcial. Regresou a Pontevedra e traballou na Sección de Fomento. Participou na creación da revista El Adelanto, foi redactor de La Voz de Helenes e fundou o periódico El Noticiero Gallego e a revista ilustrada Galicia Cómica. Colaborou en Crónica de Pontevedra, Galicia Moderna e Diario de Pontevedra e foi correspondente de El Imparcial de Madrid e La Vanguardia de Barcelona.

Foi membro correspondente da Real Academia Galega.[1]
Obras
[editar | editar a fonte]- Arlequinada, 1893, A. Landín Editor.[2] Hai unha edición facsímile de Ediciós do Castro.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Gran Cruz de Afonso XII, polo seu labor na Sociedade Económica de Amigos do País.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi irmán de Carlos e Renato Ulloa. Casou con Isolina Martínez Besada.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torcuato Ulloa |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. pp. 428–429.
- Ossorio y Bernard, Manuel (1903). "Ulloa (Torcuato)". Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX. Madrid: Imprenta y litografía de J. Palacios. p. 458.