É un conto en verso sobre a infancia. Fala dos nenos do mundo, con especial atención ós que viven en situación de pobreza. Os nenos buscan o Lago das Garzas, baixo as areas do deserto de Nabalpam, e escapan dos Cazadores de Reiseñores Brancos.
As ilustracións son de Xosé Freixanes. O deseño da portada é a varias cores, e os deseños interiores adoitan ser un debuxo en azul, ás veces acompañados dunha foto en branco e negro.