Saltar ao contido

Alberto Carpo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlberto Carpo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de decembro de 1936 Editar o valor en Wikidata
León Editar o valor en Wikidata
Morte11 de xaneiro de 2015 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
A Coruña Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata
Membro de

Enciclopedia Galega Universal: 72737 BNE: XX1672866

Alberto Policarpo Álvarez Sanmartín, chamado artisticamente Alberto Carpo, nado en León o 21 de decembro de 1936 e finado na Coruña o 11 de xaneiro de 2015, foi un pintor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mudouse coa súa familia á Coruña cando aínda era un neno[1], e na cidade herculina botou a maior parte da súa vida. En 1960 abandonou os seus estudos universitarios para formouse en París, primeiro no deseño de moda e logo nas artes gráficas e deseño publicitario. Despois de cinco anos na capital francesa proseguiu a súa carreira en Barcelona, Madrid e finalmente na Coruña[2].

Alberto Carpo foi encadrado no grupo A carón coruñés, a canda Mon Vasco, Xoti de Luis, Manuela Folgado, Jaime Cabanas, Xosé Tomé, Elvira Blanco, José Eduardo Martínez, Chelín, Rafael Correa Corredoira, Enrique Ferrer e Alberto Permuy[3].

A súa arte é fundamentalmente figurativa, onde predominan a representación de mulleres. Tamén destacou como retratista de personalidades do seu tempo, entre os que estiveron Camilo José Cela ou Manuel Fraga, e como autor de autorretratos.

Parte da súa obra foi adquirida por algunhas das coleccións de arte máis importantes de Galicia, como a de ABANCA, a da Deputación da Coruña ou a do Concello da Coruña.

En 2011 expuxo na Coruña, comisariada polo concello, unha antolóxica da súa obra titulada Testemuño.

  1. ↑ Alberto Carpo pintor, TV Coruña, 2010, publicado en YouTube en 2012.
  2. ↑ Adeus a Alberto Carpo Arquivado 18 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine., Vivir na Coruña, revista cultural coruñesa, 11 de xaneiro de 2015.
  3. ↑ Mon, Fernando, Pintura Contemporánea en Galicia, Caixa Galicia, 1987.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]