Tamara Abalde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tamara Abalde Díaz
(Tamara Abalde) Pedro Sánchez visita a la selección española femenina de baloncesto antes del Eurobasket 2019.jpg
Durán Maquinaria Ensino  – No. 6
Información persoal
Nacemento 6 de febreiro de 1989
Galicia Ferrol, Galiza
Altura 1,93 (6 ft 4 in)
Posición Ala-pivote
Información da carreira
Canteira Celta de Vigo
Internacional España España
Historial de equipos
Celta de Vigo (2004–2007)
Lamar Cardinals (2007–2008)
Ros Casares (2008–2010)
Rivas Ecópolis (2008–2010)
Rivas Ecópolis (2010)
Obenasa Navarra (2010–2011)
Pays d'Aix Basket 13 (2011–2012)
Basket Landes (2012–2013)
Perfumerías Avenida (2013–2015)
Cadí La Seu (2015–2016)
CREFF ¡Hola! (2016–2017)
Stadium Casablanca (2017–2018)
Valencia Basket (2018–2020)
Araski (2020–2021)
Durán Maquinaria Ensino (2021–presente)

Tamara Abalde Díaz, nada en Ferrol o 6 de febreiro de 1989, é unha xogadora de baloncesto galega. Mide 1,91 e xoga de ala-pivote no Durán Maquinaria Ensino e na selección española. É filla do ex xogador Alberto Abalde Rodríguez e irmá do tamén xogador Alberto Abalde Díaz.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla do ex xogador de baloncesto Alberto Abalde, naceu en Ferrol na época na que seu pai xogaba no OAR Ferrol, da ACB. Iniciouse no baloncesto con 8 anos, no Club Compañía de María de Vigo, no que xogou entre 1998 e 2003. Tras pasar polo San José de la Guía, onde tivo como adestrador a seu pai, recalou nas categorías inferiores do Celta de Vigo en 2003.[1] O 12 de outubro de 2004 debutou co primeiro equipo do Celta, nun partido da Liga Feminina contra o Ros Casares, con 15 anos, 8 meses e 4 días, sendo naquel momento a debutante de menos idade na historia do club.[2]

Xogou no club vigués ata o verán de 2007, momento no que marchou para os Estados Unidos para estudar mercadotecnia na Universidade de Lamar, no Estado de Texas, e para xogar no seu equipo de baloncesto.[3] Xogou só unha tempada no club norteamericano, co que foi campioa da Southland Conference, sendo elixida mellor debutante do ano e entrando no equipo ideal da conferencia.[4][5]

Ao seu regreso dos Estados Unidos recibiu ofertas de numerosos equipos, fichando finalmente polo Ros Casares de Valencia.[6] Nas dúas seguintes campañas xogou cedida no Rivas Ecópolis, de Rivas-Vaciamadrid, co que acadou dous terceiros postos na Liga Feminina e debutou en competición europea. En xuño de 2010 desvinculouse do Ros Casares e asinou un contrato co Rivas.[7] Con todo, seis meses despois rescindiu o seu contrato co equipo madrileño e fichou polo Obenasa Navarra.[8]

En maio de 2011 marchou a Francia, onde xogou dúas tempadas, no Pays d'Aix Basket 13 primeiro, e no Basket Landes despois.[9] En 2013 volveu a España, fichando polo Perfumerías Avenida, co que gañou dúas Copas da Raíña, e dúas Supercopas de España, ademais de acabar dúas veces subcampioa da liga.

Na tempada 2015/16 xogou no Cadí La Seu catalán, ano seguinte no CREFF ¡Hola! madrileño e na 2017/18 no Stadium Casablanca de Zaragoza.[10][11][12] En 2018 fichou polo Valencia Basket, que acababa de ascender á máxima categoría, e co que acadou as semifinais da liga na súa primeira tempada.[13] Despois dunha segunda campaña no equipo valenciano, fichou en 2020 polo Araski vasco.[14]

Despois dunha tempada en Vitoria, fichou polo Durán Maquinaria Ensino, regresando a un equipo galego 14 anos despois.[15]

Seleccións nacionais[editar | editar a fonte]

Selección española[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección española dende as súas categorías inferiores, coas que debutou con 14 anos. Gañou dous Europeos sub-16 (2004 e 2005), un Europeo sub-18 (2006), e foi subcampioa do Europeo sub-18 de 2007 e do Europeo sub-20 de 2009. No Europeo sub-16 de 2005, que se disputou en Polonia, foi elixida no quinteto ideal do torneo, no que tivo unha media de 12,3 puntos e 8,3 rebotes.[16]

En 2008 debutou coa selección absoluta e ese mesmo ano viaxou á China para disputar os Xogos Olímpicos de Pequín.[17] Regresou da cita olímpica cun quinto posto e o correspondente diploma olímpico. Ao ano seguinte disputou o seu primeiro Eurobasket absoluto, logrando a medalla de bronce. Dez anos despois disputou o seu segundo Eurobasket, logrando a medalla de ouro tras derrotar na final a Francia en Belgrado.[18]

En 2021 participou nos Xogos Olímpicos de Toquio, 13 anos despois da súa anterior participación olímpica.[19] Conseguiu coa selección tres vitorias nos tres partidos da fase de grupos, contra Serbia, o Canadá e Corea do Sur, caendo nos cuartos de final contra Francia nun apertado final (64-67).[20]

Selección galega[editar | editar a fonte]

Como membro das categorías inferiores da selección de baloncesto de Galicia acadou o bronce e foi incluída no quinteto ideal no campionato de Lloret de Mar (2003), e foi elixida mellor pasadora en Santiago de Compostela (2004).

En xuño de 2006, con só 17 anos, liderou á selección de baloncesto de Galicia absoluta no seu debut contra o Xapón nas Travesas.[21]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Perfumerías Avenida[editar | editar a fonte]

Selección española[editar | editar a fonte]

  • Eurobasket (1): 2019.
  • Eurobasket sub-16 (2): 2004, 2005.
  • Eurobasket sub-18 (1): 2006.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Tamara entre las gigantes". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de outubro de 2004. p. 38. 
  2. "Raquel Carrera, la debutante más joven" (en castelán). 6 de outubro de 2016. Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  3. "La Universidad de Lamar será el destino de Tarama Abalde". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de xuño de 2007. p. 38. 
  4. García, Antonino (3 de abril de 2008). "La morriña no decidirá mi futuro" (en castelán). Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  5. "Tamara Abalde, nombrada mejor debutante del año en su conferencia universitaria americana". Federación Española de Baloncesto (en castelán). 12 de marzo de 2008. Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  6. "La perla gallega recala en Valencia" (en castelán). 3 de xuño de 2008. Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  7. "La internacional Tamara Abalde se desvincula del Ros Casares". As (en castelán). 1 de xuño de 2010. Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  8. "Tamara Abalde deja Rivas para fichar por el Obenasa Navarra" (en castelán). 20 de decembro de 2010. Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  9. "Francia, destino de Tamara Abalde". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de maio de 2011. Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  10. "Tamara Abalde se une a Cadi La Seu" (en castelán). 29 de maio de 2015. Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  11. "Tamara Abalde e Irene Garí, primeros fichajes del Nuevo Cref ¡Hola!". Federación Española de Baloncesto (en castelán). 23 de agosto de 2016. Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  12. "Tamara Abalde aterriza en Stadium Casablanca" (en castelán). 5 de xuño de 2017. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2021. Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  13. "El Valencia Basket ficha a Tamara Abalde" (en castelán). 10 de maio de 2018. Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  14. "Tamara Abalde, experiencia para la pintura del Kutxabank Araski" (en castelán). 29 de xuño de 2020. Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  15. "Tamara Abalde se suma al proyecto del Ensino lucense". El Correo Gallego (en castelán). 27 de abril de 2021. Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  16. "Las 15 elegidas: Tamara Abalde" (en castelán). 15 de maio de 2009. Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  17. "Tamara Abalde irá a Pekín" (en castelán). 15 de xullo de 2008. Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  18. González, Raquel (7 de xullo de 2019). "España, campeona de Europa". As (en castelán). Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  19. "Tamara Abalde sí estará en Tokio". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xullo de 2021. Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  20. "Alba se queda sin medalla" (en castelán). 4 de agosto de 2021. Consultado o 4 de agosto de 2021. 
  21. "La viguesa Abalde liderará la selección". La Voz de Galicia (en castelán) (Vigo ed.). 28 de xuño de 2006. p. 16. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]