Alberto Carpo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Alberto Álvarez Martín»)
Infotaula de personaAlberto Carpo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de decembro de 1936 Editar o valor em Wikidata
León, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de xaneiro de 2015 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Alberto Álvarez Martín, chamado artisticamente Alberto Carpo, nado en León o 21 de decembro de 1936 e finado na Coruña o 11 de xaneiro de 2015, foi un pintor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mudouse coa súa familia á Coruña cando aínda era un neno[1], e na cidade herculina botou a maior parte da súa vida. En 1960 abandonou os seus estudos universitarios para formouse en París, primeiro no deseño de moda e logo nas artes gráficas e deseño publicitario. Despois de cinco anos na capital francesa proseguiu a súa carreira en Barcelona, Madrid e finalmente na Coruña[2].

Alberto Carpo foi encadrado no grupo A carón coruñés, a canda Mon Vasco, Xoti de Luis, Manuela Folgado, Jaime Cabanas, Xosé Tomé, Elvira Blanco, José Eduardo Martínez, Chelín, Rafael Correa Corredoira, Enrique Ferrer e Alberto Permuy[3].

A súa arte é fundamentalmente figurativa, onde predominan a representación de mulleres. Tamén destacou como retratista de personalidades do seu tempo, entre os que estiveron Camilo José Cela ou Manuel Fraga, e como autor de autorretratos.

Obra[editar | editar a fonte]

Parte da súa obra foi adquirida por algunhas das coleccións de arte máis importantes de Galicia, como a de ABANCA, a da Deputación da Coruña ou a do Concello da Coruña.

En 2011 expuxo na Coruña, comisariada polo concello, unha antolóxica da súa obra titulada Testemuño.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alberto Carpo pintor, TV Coruña, 2010, publicado en YouTube en 2012.
  2. Adeus a Alberto Carpo Arquivado 18 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine., Vivir na Coruña, revista cultural coruñesa, 11 de xaneiro de 2015.
  3. Mon, Fernando, Pintura Contemporánea en Galicia, Caixa Galicia, 1987.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]