Ribeira Alta é unha comarca da Comunidade Valenciana, en España. A súa capital, como centro administrativo, é Alzira. Acolle a segunda meirande área urbana da provincia de Valencia, trala súa capital e cinto metropolitano. Por mor do crecemento urbanístico, os trazados urbanos dos concellos de Alzira, Algemesí e Carcaixent quedaron unidos formando un núcleo que ten por volta de cen mil habitantes.