Alaa al-Aswani
Alaa al-Aswani | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 26 de maio de 1957 |
Lugar de nacemento | O Cairo |
Nacionalidade | Exipto |
Alma máter | Universidade do Cairo e Universidade de Illinois Chicago |
Ocupación | escritor, odontólogo, novelista, guionista, escritor de contos, escritor de non ficción e activista político |
Coñecido por | O edifício Yacobián (novela), sen etiquetar e Jumhuriyat ka'an |
Premios | cabaleiro da orde das Artes e as Letras e Prêmio Johann Philipp Palm |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alaa al-Aswany é un escritor exipcio nado en 1957.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Alaa Al Aswany estudou a carreira de odontoloxía, primeiro en Exipto e máis tarde en Chicago (Estados Unidos). Finalizou a carreira na University of Illinois en Chicago, onde estableceu a súa residencia durante un tempo. En total morou 17 anos na cidade estadounidense.
Ademais de ser dentista e escritor, ten contribuído con numerosos artigos en xornais exipcios (moitos deles traducidos regularmente a xornais europeos e americanos), principalmente con temática social e política. A sociedade exipcia, a relación entre os distintos estratos sociais así como conflitos políticos, relixiosos e sexuais son a base da súa literatura.
Saltou á fama internacional trala publicación da súa segunda novela O edificio Yacoubian (Imārat Ya‘qūbiān -عمارة يعقوبيان) no ano 2003. Trátase dunha irónica descrición da sociedade exipcia moderna. En 2006 foi adaptada ó cinema e no 2007 á televisión. A súa terceira novela, Chicago (شيكاجو), publicouse en 2007. Se ben a práctica totalidade na novela discorre na cidade norteamericana, tamén é unha descrición da sociedade exipcia a través da numerosa colonia exipcia residente no estado americano de Illinois. Nesta novela, se cadra é máis crítico coa corrupción no seu país. A súa segunda novela foi un éxito de vendas en todo o mundo árabe, ocupando durante catro anos os postos de libros máis vendidos, sendo superado despois por Chicago.
Na actualidade, despois do éxito de vendas, segue a compaxinar o seu traballo de dentista co de escritor.