Aguiúlfo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Aguiulfo")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Aguiúlfo
Falecemento 457
  Porto
Ocupación gobernante
editar datos en Wikidata ]

Aguiúlfo, falecido en 457 no Castro do Porto, foi un rei hérulo que gobernou efimeramente o reino de Galicia tras a morte de Requiario no ano 456. Reinou sobre a parte sur do reino, mentres que Frantán o facía na parte norte.

Extensión do reino de Galicia e dos dominios das faccións suevas durante a Guerra Civil de mediados do século V.

De orixe escandinava e lugartenente do rei visigodo Teodorico II, asasinou a Censorio en Sevilla (448), o que deu lugar á sublevación de suevos e hispanorromanos. Despois foi situado en Mérida cun exército para vixiar as incursións suevas, tras a derrota dos suevos na batalla do Órbigo. Teodorico III apoiouno na loita contra Frantán polo trono suevo. Morreu a mans de Maldras en xuño do 457

Aguiúlfo
Nacemento: ? Falecemento: 457


Títulos Reais
Precedido por
Requiario


Rei de Galicia
Só no sur

456–457
Sucedido  por
Maldras
Só no sur de Galicia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]