Danish Air Transport
Danish Air Transport | ||
---|---|---|
IATA DX | OACI DTR | Indicativo DANISH |
Fundación | 1989 | |
Subsidiarias | DOT LT | |
Frota | 19 | |
Destinos | 8 | |
Páxina web: https://dat.dk |
Danish Air Transport A/S, normalmente abreviado como DAT, é unha aeroliña dinamarquesa con sede en Vamdrup, no municpio de Kolding. A compañía opera voos regulares e chárter de pasaxeiros e carga.
Danish Air Transport fundouse e comezou a operar no ano 1989, inicialmente como unha aeroliña só de carga. Ao pouco tempo a compañía comezou a ofrecer operacións especiais, como o transporte de cabalos vivos ou subministracións para o Rally París-Dakar en África. Os voos de pasaxeiros comezaron en 1994 e os servizos regulares iniciáronse o 18 de novembro de 1996. DAT realiza servizos regulares entre Dinamarca e Noruega, ademais de operar servizos domésticos dentro deses paíases.[1]
Frota
[editar | editar a fonte]En maio de 2018 a frota de Danish Air Transport estaba formada polos seguintes avións:[2]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | |
---|---|---|---|---|---|
Y | Total | ||||
Airbus A320-200 | 3 | — | 180 | 180 | |
Airbus A321-200 | 1 | — | ? | ? | |
ATR 42-300 | 3 | — | 46 | 46 | |
ATR 42-500 | 2 | — | 48 | 48 | |
ATR 72-200 | 6 | — | 66 68 70 |
66 68 70 |
|
ATR 72-500 | 1 | — | Operado por Air Nostrum | ||
McDonnell Douglas MD-82 | — | 1 | 165 | 165 | |
McDonnell Douglas MD-83 | 1 | — | 165 | 165 | |
Total | 12 | 1 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ DAT (ed.). "Om DAT". Consultado o 19 de maio de 2018.
- ↑ Planespotters (ed.). "Danish Air Transport (DAT) Fleet Details and History". Consultado o 19 de maio de 2018.