Aegaeon lacazei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aegaeon lacazei
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Infraorde: Caridea
Superfamilia: Crangonoidea
Familia: Crangonidae
Xénero: Aegaeon
Especie: A. lacazei
Nome binomial
Aegaeon lacazei
(Gourret, 1877) [1]
Sinonimia
Referencia:[1]
  • Aegeon brendani Kemp, 1906
  • Aegeon lacazei (Gourret)
  • Crangon lacazei Gourret, 1887
  • Pontocaris habereri Doflein, 1902
  • Pontocaris lacazei (Gourret, 1887)

Aegaeon lacazei (Gourret, 1887) = Pontoicaris lacazei (Gourret, 1887) é unha especie de crustáceo malacostráceo decápodo carideo da familia dos crangónidos que habita nas costas do océano Atlántico, desde as illas Británicas até Suráfrica, no Mediterráneo (mares de Alborán, Adriático, Xónico e Exeo) e nas da rexión Indo-Pacífica (Madagascar, Tanzania, Polinesia francesa, Nova Caledonia).[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1877 polo carcinólogo francés Paul Gourret co nome de Crangon lacazei,[1] que máis tarde foi reclasificada no xénero Pontocaris e, finalmente, no Aegaeon.

Nome galego[editar | editar a fonte]

Os profesores F. Lahuerta e F. X. Vázquez propoñen para esta especie, que citan como Pontocaris lacazei, o nome de quisquilla blindada.[2]

Tamén se coñece polos nomes de camarón cascudo ou camarón de Lacaze.[3]

Os nomes noutros idiomas, segundo este autores son:

  • Castelán: camarón blindado
  • Francés: crevette-crâne
  • Inglés: hardshell shrimp

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Türkay, M. (2001): "Decapoda", en: Costello, M. J. et al. (eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 284-289. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]