Partido Popular do País Vasco
Aparencia
| Partido Popular do País Vasco | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
O Partido Popular do País Vasco ou Partido Popular de Euskadi[1] ("Euskadiko Alderdi Popularra" en éuscaro), é a delegación do Partido Popular de España no País Vasco. A súa rama xuvenil son as Novas Xeracións do Partido Popular País Vasco. Tamén son coñecidos como populares vascos en castellano e Euskadiko popularrak (populares de Eskadi) en éuscaro.
Foi fundado en xaneiro de 1989 co nacemento do Partido Popular, herdeiro de Alianza Popular. A súa sede central áchase na Gran Vía de Bilbao e está presidido dende o 2008 por Antonio Basagoiti.
Presidentes
[editar | editar a fonte]- Jaime Mayor Oreja (1989-1996)
- Carlos Iturgaiz Angulo (1996-2004)
- María San Gil Noain (2004-2008)
- Antonio Basagoiti Pastor (2008-presente)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Declaracións do presidente do PP vasco, Antonio Basagoiti (en castelán) "no Partido Popular de Euskadi non estamos ni para líos nin para sectores de poder nin para familias, estamos para defender uns valores esenciais, como son a defensa da liberdade".