Segura, Guipúscoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°00′33″N 2°15′10″O / 43.00917, -2.25278

Vista da serra de Aralar e da vila de Segura.

Segura é un concello da provincia e territorio histórico de Guipúscoa, en Euskadi. Forma parte da comarca de Goierri.

O seu termo municipal ten unha extensión de 9,22 km². Limita ao norte con Mutiloa, ao leste con Idiazabal, ao sur con Zegama e ao oeste con Zerain. Tiña en 2015 unha poboación de 1.476 habitantes.

Foi fundada como unha vila amurallada de nova planta polo rei castelán Afonso X o Sabio en 1256. Está situada preto da fronteira de Navarra e situábase sobre a estratéxica ruta que comunicaba Castela con Europa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]