Adolfo Federico de Mecklemburgo
Adolfo Federico de Mecklemburgo | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Adolfo Federico Alberte de Mecklemburgo |
Nacemento | 10 de outubro de 1873 |
Lugar de nacemento | Schwerin, Gran Ducado de Mecklemburgo-Schwerin |
Falecemento | 5 de agosto de 1969 |
Lugar de falecemento | Eutin, Schleswig-Holstein |
Soterrado | Schleswig-Holstein |
Nacionalidade | alemá |
Ocupación | explorador, político, administrador colonial, entomólogo |
Pai | Frederico Francisco II de Mecklenburg-Schwerin |
Nai | Maria de Schwarzburg-Rudolstadt |
Cónxuxe | Princess Victoria Feodora Reuss e Princess Elisabeth of Stolberg-Rossla |
Fillos | Duchess Woizlawa Feodora of Mecklenburg-Schwerin |
Irmáns | Isabel de Mecklenburg-Schwerin, Maria Pavlovna da Rússia, Paulo Frederico de Mecklenburg-Schwerin, Hendrik van Mecklenburg-Schwerin, Frederico Francisco III, Grão-duque de Mecklenburg-Schwerin, João Alberto de Mecklenburg-Schwerin e Duke Friedrich Wilhelm of Mecklenburg-Schwerin |
Premios | Great Cross with Star and Sash of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany e Gran cruz da orde do grifón |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O duque Adolfo Federico Alberte de Mecklemburgo (en alemán: Adolf Friedrich Albrecht Heinrich), nado en Schwerin o 10 de outubro de 1873, e finado en Eutin o 5 de agosto de 1969, foi un explorador alemán en África, un político colonial, que foi elixido duque do Ducado Unido do Báltico, exercendo desde o 5 de novembro ao 28 de novembro de 1918.
Foi tamén o primeiro presidente do Comité Olímpico Nacional de Alemaña (desde 1949 a 1951).
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Familia[editar | editar a fonte]
Foi o terceiro fillo de Federico Francisco II, gran duque de Mecklemburgo-Schwerin (1823-1883), e da súa terceira esposa, a princesa María de Schwarzburgo-Rudolstadt. Seu irmán máis novo foi o príncipe Henrique Vladimiro de Mecklemburgo-Schwerin, príncipe consorte da raíña Guillermina dos Países Baixos.
Explorador en África[editar | editar a fonte]
Desde 1907 até 1908, Adolfo Federico encabezou unha expedición científica de investigación en África Central, a atravesou África de leste a oeste. En 1908 foi galardoado coa Medalla Eduard Vogel da Asociación de Xeografía de Leipzig. Os insectos recollidos nas súas expedicións, e da súa residencia en Togo (onde foi gobernador) encóntranse no Museo de Historia Natural de Berlín e no Museo Senckenberg de Frankfurt.
De 1910 a 1911 encabezou unha expedición ao lago Chad e os ríos setentrionais da conca do Congo até o Nilo, no actual Sudán. Adolfo Federico e os seus compañeiros exploraron a daquela pouco coñecida rexión do bosque primario dos tributarios do Congo e a conca do lago Chad. Grupos individuais estenderon as súas exploracións ao río Bahr al Ghazal, cerca do alto Nilo, mentres outros viaxaron ao sur de Camerún e ás illas do golfo da Guinea. O Vom Kongo zum Niger und Nil ("Desde o Congo até o Níxer e o Nilo"), é un tratado en dous volumes baseado nas súas expedicións de 1910-1911; ten na actualidade unha excelente reputación polo seu detalle e imaxes.
Desde 1912 até 1914 Adolfo Federico foi o último gobernador de Togolandia na África Occidental Alemá, e foi convidado durante a celebración oficial da independencia de Togo en 1960. Despois da I Guerra Mundial, serviu como vicepresidente da Sociedade Colonial Alemá para a África Suroccidental, entidade de carácter privado; seu irmán Xoán Alberte foi o presidente desde 1895 até 1920.
![]() | Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adolfo Federico de Mecklemburgo ![]() |
Outro artigos[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|