Abrolhos, Brasil
Tipo | grupo de illas arquipélago | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Região dos Abrolhos (pt) | |||
Localizado na área protexida | Parque Nacional Mariño dos Abrolhos | |||
Localización | ||||
División administrativa | Brasil | |||
| ||||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
Composto por | ||||
Características | ||||
Superficie | 50 km² | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1861 | |||
O arquipélago dos Abrolhos, tamén coñecido como illas dos Abrolhos, é un arquipélago situado no océano Atlántico a uns 80 km da costa do estado de Baía, Brasil.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O arquipélago está constituído por cinco pequenas illas, nas que está prohibido desembarcar, agás na illa Siriba, que está aberta á visita de forma totalmente programada.[1]
As illas están dispersas nunha área que foi declarada en 1983 Parque Nacional Mariño polo goberno brasileiro.[2] Este parque esta controlado polo ICMBio (Instituto Chico Mendes de Conservação da Biodiversidade), co apoio da Mariña Brasileira.
Illas do arquipélago
[editar | editar a fonte]- Illa Santa Bárbara (baixo o control da Mariña Brasileira)
- Illa Siriba
- Illa Sueste
- Illa Redonda
- Illa Guarita
Características
[editar | editar a fonte]O dos Abrolhos é un santuario ecolóxico, xa que alberga a maior biodiversidade mariña de todo o Atlántico Sur, pois as formacións coralinas acollen unha gran diversidade de fauna mariña e, en terra, hai numerosas aves nidificantes nas formacións rochosas, principalmente os mascatos; outros tipos de aves circundantes pola zona son especies de carráns, proceláridos, fragatas e outras da orde dos faetóntidos. Así mesmo, en canto a fauna mariña, conta con numrosas especies de peixes, moluscos, corais, esponxas e tartarugas mariñas.[1][3]
Entre os mamíferos mariños destaca a balea xibardo (Megaptera novaeangliae). Cada ano, polo menos mil individuos desta especie migran a Abrolhos procedentes da Antártida, para procrearen e aleitaren ás crías lonxe dos seus depredadores, sendo a zona máis importante área de reprodución desta especie no Atlántico suroccidental. Normalmente, as baleas permanecen en Abrolhos os últimos meses do ano. O arquipélago atrae numerosos turistas grazas a esta migración animal (e ás excelentes condicións para o mergullo dos submarinistas. Porén, non existe infraestrutura turística no arquipélago, debido á prohibición de desembarcaren nas illas por seren un Parque Natural protexido (a única excepción é a illa Santa Bárbara, onde vive unha pequena dotación militar da Mariña Brasileira). Deste xeito, os turistas que van mergullarse a Abrolhos deben permanecer todo o tempo a bordo dos barcos que os levaron ao arquipélago.[1][3]
En canto á flora, as illas son ricas en especies de plantas suculentas, gramíneas, arbustos e cactos.[4]
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira exploración científica que chegou a Abrolhos foi a do HMS Beagle en 1832 baixo o mando do comandante Robert FitzRoy e na que Charles Darwin ía como naturalista e xeólogo.
As illas dos Abrolhos, vista desde lonxe, son de cor verde brillante. A vexetación consta de plantas e herbas suculentas, intercaladas con algúns arbustos e cactos. Aínda que pequena, a miña colección de plantas de Abrolhos contén case todas as especies que florecen alí, creo. As aves da familia dos faetónidos son extremadamente abundantes, e as fragatas. Quizais o máis sorprendente sexa o número de saurios; case todas as pedras teñen o seu lagarto correspondente; arañas en gran número; o mesmo cos ratos. O fondo mariño que está ao seu redor está densamente cuberto por enormes corais cerebriformes (corais pétreos, solitarios); moitos tiñan máis de 90 cm de diámetro.Charles Darwin, 29 de marzo de 1832.[5]
O arquipélago formouse hai entre os 42 e os 52 millóns de aons. As súas illas están compostas principalmente de rochas volcánicas e bancos de area. Ten os maiores arrecifes de coral do Atlántico sur, algúns con alturas superiores aos vinte metros, como o arrecife Chapeirōes da Sueste.[Cómpre referencia]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome das illas e do parque provén da expresión "abra os ollos" (abra os olhos en portugués), utilizada polos mariños para avisaren sobre a presenza de arrecifes que cobren unha área de 913 km² e que, pola súa proximidade á superficie da auga, poderían avariaren seriamente as embarcacións e provocaren naufraxios.[1][6]
Até a chegada dos sistemas de posicionamiento global ou GPS recalar no arquipélago dos Abrolhos era sumamente difícil polo que as rutas marítimas apartábanse da costa nesa zona a fin de evitaren os perigos. Hoxe, razóns Ecolóxicas manteñen apartados deste santuario aos grandes mercantes a fin de previr a contaminación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Os encantos do Arquipélago dos Abrolhos (en portugués). Consultada o 15 de febreiro de 2020.
- ↑ "Decreto Nº 88.218, de 6 de Abril de 1983". Consultado o 15 de febreiro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 Parque Nacional Marinho dos Abrolhos. Ministério do Meio Ambiente. Cadastro Nacional de Unidades de Conservação. (en portugués). Consultado o 15 de febreiro de 2020.
- ↑ "ICMBio - Parque Nacional Marinho dos Abrolhos - Parna Abrolhos". www.icmbio.gov.br. Consultado o 15 de febreiro de 2020.
- ↑ Richard Keynes (2004): Aventuras e Descobertas de Darwin a bordo do Beagle. Rio de Janeiro: Editora Zahar. ISBN 978-85-7110-805-9.
- ↑ Daehnhardt, Rainer (1998). Segredos de História Luso-Alemã (en Edición bilingüe Portugués/Alemán) (1ª ed.). Lisboa: Publicações Quipu. p. 77. ISBN 97-2840-807-2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Mazzei, E. F.; Bertoncini, A. A.; Pinheiro, H. T.; Machado, L. F.; Vilar, C. C.; Guabiroba, H. C.; Costa, T. J. F.; Bueno, L. S.; Santos, L. N.; Francini-Filho, R. B.; Hostim-Silva, M. & Joyeux, J.-C. (2017): "Newly discovered reefs in the southern Abrolhos Bank, Brazil: Anthropogenic impacts and urgent conservation needs". Marine Pollution Bulletin 114 (1): 123–133.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Parque Nacional Marinho dos Abrolhos. Ministério do Meio Ambiente. Cadastro Nacional de Unidades de Conservação. (en portugués)
- Grupo reconfigura mapa subaquático de Abrolhos. Folha de S. Paulo, 5-07-2009.