Saltar ao contido

A Veiga do Seixo, Castrelo de Cima, Riós

A Veiga do Seixo

Vista da aldea.
ParroquiaCastrelo de Cima
ConcelloRiós
Coordenadas41°58′01″N 7°11′20″O / 41.967074004805, -7.1888956676769
Poboación31 hab. (2023)
editar datos en Wikidata ]

A Veiga do Seixo é un lugar da parroquia de Castrelo de Cima, do concello ourensán de Riós, na comarca de Verín.[1] Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 31 habitantes (17 homes e 14 mulleres).

Nela celebrábase antigamente un Entroido tradicional, cunha máscara chamada vellarrón. Limita directamente con Portugal a través dunha ponte que atravesa o río Mente, onde existe unha zona recreativa de baño. O lugar foi utilizado tradicionalmente para o comercio ilegal e o contrabando.[Cómpre referencia]

Xeografía física

[editar | editar a fonte]
Vista da aldea.

A parroquia e o conxunto do concello do Riós posúe un marcado clima mediterráneo de montaña e nel se encontran algunhas especies de flora: aciñeira (Quercus ilex ssp. rotundifolia), terebinto (Pistacia terebinthus), arce de Montpelier (Acer monspessulanum) e fauna: abelleiro (Merops apiaster), andoriña daurica (Hirundo daurica), gaio azul (Coracias garrulus), osga común (Tarentola mauritanica) [Cómpre referencia], especialmente raras en Galicia.

O río Mente ó seu paso pola Veiga do Seixo actúa como fronteira natural entre España e Portugal.

Demografía

[editar | editar a fonte]

A evolución demográfica da aldea da Veiga do Seixo está marcada polo brusco descenso da poboación que se produciu nas década dos anos 1950, 1960 e 1970, similar á que se produciu neste período na maior parte das aldeas de España, cunha emigración masiva cara ás medianas e grandes cidades, principalmente cara a Cataluña, Madrid, o País Vasco, e en menor medida cara a outros destinos no estranxeiro como Suíza.

Capela de Santa Ana.

As festas parroquiais celébranse en torno ós días 26 e 27 de xullo en honor de Santa Ana, patroa da parroquia.

Na aldea existía un entroido tradicional con máscaras e traxes típicos, os vellarróns[3], aínda que desapareceron hai décadas. Estes traxes de entroido levan unha carauta de cartón duro, onde resalta un afiado nariz con bigote e barba feitos de la de ovella de cor moura, espesas cellas, unha branca dentadura e unhas grandes orellas de papel. O traxe consta dunha camisa de algodón con lazos de once cores e uns calzóns con frecos coloreados. Os complementos son pano branco, faixa, botas, pololos e un pau. Este traxe tamén se utilizaba na veciña aldea de Castrelo de Cima, se ben en Castrelo se utilizaban tiras de tela e na Veiga tiras de papel.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Castrelo de Cima

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Castrelo de Cima no concello ourensán de Riós

Castrelo de Cima | Covelas | As Lapedas | O Mourisco | San Paio | A Veiga do Seixo

Parroquias de Riós

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Riós

Castrelo de Abaixo (Santa María) | Castrelo de Cima (Santa María) | Fumaces e A Trepa (Santa María) | O Navallo (San Vicente) | Progo (San Miguel) | Riós (Santa María) | Rubiós (San Pedro) | Trasestrada (Santo Estevo)


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]