San Paio, Castrelo de Cima, Riós
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: San Paio.
| San Paio | |
|---|---|
| Parroquia | Castrelo de Cima |
| Concello | Riós |
| Coordenadas | 41°57′12″N 7°13′22″O / 41.953363085765, -7.2227012347236 |
| Poboación | 6 hab. (2023) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Paio é un lugar da parroquia de Castrelo de Cima, do concello ourensán de Riós, na comarca de Verín.[1] Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 6 habitantes (4 homes e 2 mulleres).
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo San Paio é un haxiotopónimo referido a Paio de Albeos e débese á presenza no lugar dunha capela baixo dita advocación.[3]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A aldea é atravesada polo río Arzoá, sendo represado e aproveitado para usos agrícolas. Segundo Pedro González de Ulloa, tense constancia da presenza na aldea dunha familia rica e distinguida, os Fernández Cortés, criados antigos e leais do Conde de Monterrei. En San Paio atópanse os restos dun antigo pombal.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Castrelo de Cima
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Castrelo de Cima no concello ourensán de Riós | |
|---|---|
|
Castrelo de Cima | Covelas | As Lapedas | O Mourisco | San Paio | A Veiga do Seixo |
Parroquias de Riós
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de Castrelo de Cima, Riós". Consultado o 18 de maio de 2023.
- ↑ "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia.
- ↑ Capela de San Paio na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.