A Veiga do Seixo, Castrelo de Cima, Riós

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Veiga do Seixo
VEIGA DO SEIXO.JPG
Vista da aldea.
Parroquia Castrelo de Cima
Concello Riós
Poboación 46 hab. (ano 2008)

A Veiga do Seixo é un lugar da parroquia de Castrelo de Cima, no concello de Riós. Nela celebrábase antigamente un entroido tradicional, cunha máscara chamada vellarrón. Limita directamente con Portugal a través dunha ponte que atravesa o río Mente, en onde actualmente se construíu unha zona recreativa de baño. O lugar foi utilizado tradicionalmente para o comercio ilegal e o contrabando [Cómpre referencia].

Xeografía física[editar | editar a fonte]

A parroquia e o conxunto do concello do Riós posúe un marcado clima mediterráneo de montaña e nel se encontran algunhas especies de flora: aciñeira (Quercus ilex ssp. rotundifolia), terebinto (Pistacia terebinthus), arce de Montpelier (Acer monspessulanum) e fauna: abelleiro (Merops apiaster), andoriña daurica (Hirundo daurica), carraca (Coracias garrulus), osga común (Tarentola mauritanica) [Cómpre referencia], especialmente raras en Galicia.

O río Mente ó seu paso pola Veiga do Seixo actúa como fronteira natural entre España e Portugal.

Demografía[editar | editar a fonte]

A evolución demográfica da aldea da Veiga do Seixo está marcada polo brusco descenso da poboación que se produciu nas década dos anos 1950, 1960 e 1970, similar á que se produciu neste período na maior parte das aldeas de España, cunha emigración masiva cara as medianas e grandes cidades, principalmente cara a Cataluña, Madrid, o País Vasco, e en menor medida cara outros destinos no estranxeiro como Suíza. Actualmente existe un altísimo risco de despoboación nesta pequena aldea, onde a poboación se atopa moi envellecida, cun moi baixo índice de natalidade e moi poucas posibilidades de traballo.

Folclore[editar | editar a fonte]

As festas parroquiais celébranse en torno ós días 26 e 27 de xullo en honor de Santa Ana, patroa da parroquia.

No pobo existía un entroido tradicional con máscaras e traxes típicos ("vellarróns"), aínda que desapareceron hai décadas. Actualmente, o concello do Riós patrocina a recuperación destas vestimentas no marco dos carnavais da comarca de Verín.

Estes traxes de entroido levan unha carauta de cartón duro, onde resalta un afiado nariz con bigote e barba feitos de la de ovella de cor moura, espesas cellas, unha branca dentadura e unhas grandes orellas de papel. O traxe consta dunha camisa de algodón con lazos de once cores e uns calzóns con frecos coloreados. Os complementos son pano branco, faixa, botas, pololos e un pau.

Este traxe tamén se utilizaba na veciña aldea de Castrelo de Cima. A diferenza principal entre o traxe de Castrelo e o da Veiga consistía en que no primeiro se utilizaban tiras de tela e no segundo tiras de papel.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Castrelo de Cima[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Castrelo de Cima no concello ourensán de Riós

Castrelo de Cima | Covelas | As Lapedas | O Mourisco | San Paio | A Veiga do Seixo

Parroquias de Riós[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Riós

Castrelo de Abaixo (Santa María) | Castrelo de Cima (Santa María) | Fumaces e A Trepa (Santa María) | O Navallo (San Vicente) | Progo (San Miguel) | Riós (Santa María) | Rubiós (San Pedro) | Trasestrada (Santo Estevo)