A Terriña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Terriña foi un semanario editado na Habana entre 1908 e 1909.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado De información, recreo, ciencia e instrución, apareceu en outubro de 1908. Estaba dirixido por Luís E. Rey, Jesús Díaz era o xefe de redacción e entre os seus colaboradores figuraron Abdón Rodríguez Santos, Pascual Aenlle, Roque de Barcia, Jesús Muruais e Dámaso Pérez Valenzuela. Informaba das noticias de Galicia e das actividades das sociedades de instrución. Tamén abordou cuestións forais, combateu o caciquismo, e daba novas sobre teatro, música e efemérides. Publicou varios fragmentos do Catecismo do labrego de Lamas Carvajal e poemas de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Noriega Varela e Juan Barcia Caballero. Cesou a súa publicación en 1909 co número 39.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]