Luís E. Rey
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1883 (140/141 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Luís E. Rey, nado na Coruña en 1883, foi un médico, xornalista e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Emigrou sendo novo á Habana. Pedicuro, rexía un salón quiropédico. En 1908 fundou a revista A Terriña, en 1917 Alma Gallega e en 1921 El Gurugu, periódico antimonárquico que foi clausurado polas autoridades. Foi Vocal da Federación Anticlerical Cubana. En 1920 presidiu a Agrupación Artística Gallega. Colaborou en El Imparcial, La Panera, La Alborada e La Patria Gallega usando ás veces os pseudónimos Dr. Yer e Quis A. Tanar. A súa novela Suevia foi adaptada ao teatro e representada en 1923. Durante a República retornou a Galicia. Como consecuencia do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 tivo que exiliarse en Cuba e retomou o seu traballo coa colonia galega formando parte da Agrupación Artística Gallega.
Obras[editar | editar a fonte]
- Suevia o Un puñado de verdades sobre la emigración femenina. Novela gallega circunstancial, 1920.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Laura Carballal Estévez.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Domingo Cuadriello, Jorge (2002). Los españoles en las letras cubanas durante el siglo XX. Diccionario Bio-Bibliográfico. Sevilla: Renacimiento. p. 145. ISBN 84-8472-069-1. Consultado o 17 de xaneiro de 2013.