A Esperela, Baleira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°00′N 07°14′O / 43.000, -7.233

A Esperela
Camino Primitivo.jpg
Albergue de peregrinos no Cádavo, A Esperela, Baleira
ConcelloBaleira
Área14,63 km²
Poboación317 hab. (2013)
Densidade21,67 hab./km²
Entidades de poboación16

San Pedro da Esperela é unha parroquia do concello de Baleira. En 2013 tiña 317 habitantes agrupados en 16 entidades de poboación, cunha densidade media de 21 hab/km².

As 16 entidades de poboación son O Cádavo (161), O Candín (3), O Castro de Valdería (abandonado), Cimadevila (18), Corveira (16), A Esperela (10), A Lóngara (abandonado), Os Penedos (abandonado), Perrelos (7), Pradeda (9), Puñago (23), Sanguñedo (7), O Touzón (4), Valdería (25), Valín (8) e Vilaselle (26).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita ó norte coas parroquias de Librán e A Fontaneira; con Pousada e o concello de Baralla ó sur; polo leste co concello da Fonsagrada; e polo oeste coas parroquias da Frairía e Masoucos (Castroverde).

A altitude media é de 680 metros, sendo a altitude máxima de 730 metros, no Cádavo.

A capital de concello, O Cádavo, dispón, ademais doutros edificios, da Biblioteca Pública Municipal.

Historia[editar | editar a fonte]

No lugar de Castro fixéronse achados prehistóricos do Castro mesmo nome e en Vilaselle é destacable a pedra de armas da casa dos Luaces.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Sobresae a igrexa parroquial de San Pedro da Esperela, construída na aldea do mesmo nome. É un edificio de planta cadrada, que se divide no interior en tres naves, separadas entre si por dúas fileiras de piares. O presbiterio é de planta rectangular, e na parte posterior deste ten a sancristía, tamén de planta rectangular. Os muros son de cachotería e cantería de granito, e a cuberta de tella a dúas augas. A nave central sepárase das laterais por medio dunha aliñación de catro piares sobre os que descansa unha arcada corrida de tres arcos de medio punto, sobre os que se apoia a cuberta. O frontis está rematado por unha torre de tres corpos, o segundo cego e no terceiro con catro vanos. O arco triunfal é de medio punto, con dobre aresta, ten trazas, o igual que os modillóns que se conservan na cornixa, de pertencer a primitiva construción románica.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares da Esperela[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia da Esperela no concello de Baleira (Lugo)

O Cádavo | O Candín | O Castro de Valdería | Cimadevila | Corveira | A Esperela | A Lóngara | Os Penedos | Perrelos | Pradeda | Puñago | Sanguñedo | O Touzón | Valdería | Valín | Vilaselle


Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Parroquias de Baleira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Baleira

A Braña (San Miguel) | Córneas (Santiago) | Cubilledo (Santiago) | A Degolada (San Lourenzo) | A Esperela (San Pedro) | A Fontaneira (Santiago) | Fonteo (Santa María) | A Lastra (San Xoán) | Librán (Santa Mariña) | Martín (Santiago) | Pousada (San Lourenzo) | Retizós (Santa María Madanela)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]