Retizós, Baleira
| Retizós | |
|---|---|
Igrexa parroquial | |
| Concello | Baleira[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 43°05′52″N 7°16′30″O / 43.097683, -7.27505848 |
| Área | 7,24 km² |
| Poboación | 74 hab. (2020) |
| Densidade | 10,22 hab./km² |
| Entidades de poboación | 4[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa María Madanela de Retizós[2] é unha parroquia do concello de Baleira. No 2020 tiña 74 habitantes (41 homes e 31 mulleres),[3] repartidos en catro entidades de poboación: O Alledo (deshabitado), A Muíña (18), Retizós (23) e San Romao (33), sendo a densidade media nese ano de 10,22 hab/km².
Pertence ao arciprestazgo de Luaces, e limita ao norte coas parroquias de Martín e Milleirós (esta do concello de Pol), ao sur coa da Braña, ao leste con Cubilledo, e ao oeste con Milleirós, Caraño (as dúas do concello de Pol) e Montecubeiro (do concello de Castroverde). Ten unha superficie de 7,24 km².
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial de Santa María Madanela é un edificio que data dos séculos XVII e XVIII. A planta é rectangular, con presbiterio da mesma forma. Acaroada ó alzado norte está a sancristía. Os muros que a conforman son de cachotería e perpiaño de granito, e a cuberta é de lousa a dúas augas. Accédese ó seu interior dende o lateral ou dende a porta do frontis, ambas as dúas de medio punto. O arco triunfal é de medio punto, asentado sobre imposta. Conserva dous retablos, o da capela maior e o do lateral dereito, ambos os dous de estilo barroco.
Notas
[editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ "Nomenclátor - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2022-01-12.
- ↑ "Nomenclátor estatístico de Galicia". Instituto Galego de Estatística. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2020. Consultado o 4 de marzo de 2021.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Retizós
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Retizós no concello de Baleira (Lugo) | |
|---|---|