Rally Sur do Condado de 2019

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «16º Rally Sur do Condado»)
Rally Sur do Condado de 2019
CategoríaGalicia
LocalizaciónGalicia Provincia de Pontevedra
OrganizadorEscudería Surco
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Tramos9
Distancia tramos82,48 km
Gañadores
Piloto campiónGalicia Víctor Senra
Equipo campiónGalicia Yacar Racing
Participantes
Pilotos130
AnteriorRally Sur do Condado de 2018
SeguinteRally Sur do Condado de 2020

O Rally Sur do Condado de 2019 foi a 16ª edición de dito rally e a quinta proba da tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse do 12 ao 14 de xullo de 2019 e o vencedor foi Víctor Senra.

Itinerario[editar | editar a fonte]

Constou de nove treitos: Covelo-Mondariz, Ponteareas, Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas, con dúas pasadas por cada un deles, así como un treito máis curto por Arbo.[1][2] Este último xunto co de Salvaterra disputáronse en formato de bucle, dando dúas voltas ao "circuíto".[3]

Inscritos[editar | editar a fonte]

Inscribíronse 130 equipos, destacando as presenzas do líder do campionato, Víctor Senra, e dos seus máximos rivais polo título, Iago Caamaño e Alberto Meira, sendo este último o vencedor das catro últimas edicións do rally, así como o piloto máis laureado da proba, con seis vitorias.[3][4]

Resumo[editar | editar a fonte]

Alberto Meira comezou liderando, ao marcar os mellores tempos nos dous primeiros treitos, por diante de Iago Caamaño.[5] O máis rápido no terceiro tramo foi Víctor Senra, pero mantendo Meira o liderado, até que un trompo no cuarto tramo, en Ponteareas, deixou ao piloto de Gondomar case sen opcións.[6] Con todo, gañou o quinto treito, mentres que o sexto foi para Iago Caamaño. Pola súa banda, Manuel Fernández Estévez, o máis regular do rally, gañou o sétimo treito e colocouse líder da proba a falta dos dous últimos tramos, aproveitando unha picada de roda de Senra e o abandono de Iago Caamaño tras perder unha roda.[7][5] Meira foi o máis veloz no penúltimo treito, con Fernández segundo, quen deste xeito aumentou a súa vantaxe sobre Senra. Pero o piloto de Dumbría conseguiu vencer no último tramo, con 11 segundos de vantaxe sobre Meira e 18 sobre Fernández[8], logrando así a súa terceira vitoria da tempada e a primeira neste rally. Manuel Fernández e Alberto Meira acompañárono no podio.[9]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Copiloto Vehículo Equipo Tempo
1 Galicia Víctor Senra Galicia Moncho López Citroën C3 R5 Yacar Racing 54:35.658
2 Galicia Manuel Fernández Galicia Alejandro Cid Ford Fiesta R5 T. Martínez Racing 54:49.632
3 Galicia Alberto Meira Galicia José Murado Citroën DS3 R5 Recalvi Team 55:06.098
4 Galicia Jorge Cagiao Galicia Amelia Blanco Renault Clio N5 Recalvi Team 55:40.184
5 Galicia David González "Couceiro" Galicia Gustavo Piris Ford Fiesta R5 Rías Baixas 55:55.651
6 Galicia Jorge Pérez Oliveira Galicia Avelino Martínez Renault Clio N5 Galicia Motorsport 57:08.174
7 Galicia Tino Iglesias Galicia Jorge Iglesias Ford Fiesta N5 Desguaces Tino Racing 58:32.895
8 Galicia Francisco Dorado Galicia Roi Torrente Peugeot 208 R2 Miño-Lugo 59:04.450
9 Galicia Jorge Pérez Alonso Galicia Herminio González BMW M3 Barbadás 1h00:08.394
10 Galicia Hugo Martínez Galicia Álvaro Vila BMW M3 E36 Desguaces Tino Racing 1h00:34.971
11 Galicia David Rivas Galicia José Viéitez Citroën C2 RVS Motorsport 1h00:55.903
12 Galicia Celestino Iglesias Duarte Galicia Bárbara Gómez Ford Fiesta R2 Desguaces Tino Racing 1h01:29.408
13 Galicia Raúl Martínez Galicia Óscar Martínez Citroën C2 GT Congostra Team Sanxenxo 1h01:32.298
14 Galicia Rubén Ojea Galicia José Ramón Seoane Citroën C2 R2 MAX Rías Baixas 1h01:33.280
15 Galicia Sergio Otero Galicia José Antonio González Peugeot 206 RC Surco 1h01:45.336
16 Galicia Diego Vila Galicia Álex Alonso Citroën Saxo VTS Dona Urraca 1h01:53.354
17 Galicia Marcos Rodríguez Galicia Daniel Rodríguez Citroën C2 Surco 1h01:58.601
18 Galicia Jorge García Galicia Carmen Borrajo Peugeot 106 Kit Car T. Martínez Racing 1h02:00.822
19 Galicia Joaquín Pérez Galicia Adrián Muñiz Peugeot 206 XS Pontevedra 1984 Team 1h02:01.979
20 Galicia José Manuel Cabezas Galicia Luis Miguel Prego Peugeot 106 GTI RVS Motorsport 1h02:42.715
21 Galicia Miguel Rodríguez Galicia Roberto Páramos Citroën C3 N5 Rías Baixas 1h02:46.717
22 Galicia Isaac Durán Galicia Hugo Varela Peugeot 206 XS Surco 1h02:56.127
23 Galicia Rubén Puime Galicia Ezequiel Salgueiro Peugeot 206 Pontevedra 1984 Team 1h03:07.885
24 Galicia Marcos Díaz Días Galicia Víctor López Ford Sierra RS Cosworth Sarria Motor 1h03:10.521
25 Galicia Javier Andrade Galicia Joel Souto BMW 320i Rías Baixas 1h03:18.753
26 Galicia Jacobo Campos Galicia Cristian Campos Citroën Saxo Dona Urraca 1h04:07.928
27 Galicia Miguel Ángel Caeiro Galicia Sergio Iglesias Peugeot 106 S16 Cuntis V.T. 1h04:18.760
28 Galicia Eduardo González Galicia José Antonio Abal Ford Fiesta R2 Congostra Team Sanxenxo 1h04:34.566
29 Galicia Cristian Lamas Galicia Álvaro Paz Citroën C2 GT Luintra 1h04:45.496
30 Galicia Rodrigo Vila Galicia Daniel González Citroën AX GTI Dona Urraca 1h04:50.843
31 Galicia Rubén Fernández Galicia Rubén Orge Peugeot 206 RC Buxa Motor Poio 1h05:04.006
32 Galicia Pablo Blanco Galicia Ian Quintana Peugeot 106 GTI Ourense 1h05:05.848
33 Galicia Juan Carlos García Galicia Rafael Portas Peugeot 106 GTI Congostra Team Sanxenxo 1h05:22.407
34 Galicia Diego González Galicia Diego García Díaz Citroën Saxo Moeche 1h05:35.635
35 Galicia Óscar González Galicia Antonio González Citroën Saxo VTS MRT 1h05:39.190
36 Galicia Alfonso Prieto Galicia Gonzalo Cardalda Peugeot 205 Rally Desguaces Tino Racing 1h05:52.739
37 Galicia Yonathan Otero Galicia Ricardo González Peugeot 106 Rally Surco 1h05:54.284
38 Galicia Alberto Muíños Galicia Samuel Rodríguez Peugeot 106 Rally Dona Urraca 1h06:03.203
39 Galicia Heriberto Atán Galicia Gabriel Rodríguez Volkswagen Golf Senra Sport 1h06:09.573
40 Galicia Diego Fontán Galicia José Antonio Zúñiga Peugeot 106 Maxi Proto Recalvi 1h06:29.873

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "16º Rally Sur do Condado 2019". gzrally. Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  2. "Rally Sur do CONDADO 2019-INFORMACIÓN". Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 "Alberto Meira busca una nueva victoria en el Sur do Condado" (en castelán). 11 de xullo de 2019. Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  4. "Lista de inscritos Rally Sur do Condado de 2019" (PDF). TemposFGA. Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  5. 5,0 5,1 "Víctor Senra gana el rali Sur do Condado en un final épico". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de xullo de 2019. Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  6. "Senra se proclama conde" (en castelán). 14 de xullo de 2019. Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  7. "Clasificación 3ª sección" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de febreiro de 2020. Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  8. "Clasificación 9º treito" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de febreiro de 2020. Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  9. "Clasificación final Sur do Condado 2019" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de febreiro de 2020. Consultado o 24 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Rally Cidade de Narón
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 2019
Sucesor:
Rally Botafumeiro