Saltar ao contido

& (sinxelo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
&
Ayumi Hamasaki Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Formato de distribución
Implicados
 Produtor/a
 Interpretado por
 Letra de
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
9 de xullo de 2003 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
 Sucedido por
Wikidata

& (アンド Ando?, do inglés And) é o sinxelo nº 29 da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, orixinalmente lanzado o 9 de xullo do ano 2003.

Información

[editar | editar a fonte]

Este é o terceiro single da cantante que contén máis de 2 cancións que son singles; aquí hai 3 cancións lados A, á parte dunha canción máis como bonus.

A marxe de 10 meses deste lanzamento con respecto o anterior Voyage (que é considerado unha das marxes de tempo máis largas entre dous singles da artista) debese principalmente ó lanzamento que ocorreu entremedio da segunda compilación de cancións de Ayumi Hamasaki, A BALLADS.

Os temas "Ourselves" e "Greatful days" foron compostos por Bounceback, e "HANABI ~episode II~" e "Theme for a-nation" foron compostas por CREA e D·A·I.

As cancións do single

[editar | editar a fonte]

"Ourselves" un gran cambio para a artista a un ritmo máis R&B (aínda que xa adentrado desde o 2002 coa canción "Real me"). O vídeo musical da canción tamén logrou chamar a atención debido a que era moi distinto as producións anteriores. Dentro do vídeo mostrase como Ayumi é acosada por persoas que utilizan a súa propia máscara, sendo encerrada no seu propio auto. Dentro do transcurso de todo o vídeo a xente a ataca, rompen imaxes súas etc.

O segundo tema do single, "Greatful days", é considerado un tema relaxado, acorde có verán, época na que & foi lanzado. No vídeo musical foi utilizado un crocodilo, que se viu nalgunhas ocasións se cadra demasiado preto de Ayumi, pero realmente non estiveron preto, e fixeron efectos gráficos para dar a impresión de que así era. A palabra Greatful non existe nó vocabulario inglés, polo que podería dicirse que a artista a inventou. "Greatful days" foi a canción imaxe do programa de variedades de Ayumi Hamasaki, ayu ready?.

Por último o terceiro single incluído, "HANABI ~episode II~", é a continuación do tema do 2002 "HANABI", o cal foi incluído no single H. O tema é considerado un dos máis profundos e melancólicos da artista, e é un dos únicos vídeos musicais onde se lle pode ver claramente chorar, a pesar de ser un vídeo bastante sinxelo.

O tema incluído como bonus track do single "Theme for a-nation '03", foi supostamente un tema que Ayumi gravou como lema para a xira a-nation do ano 2003, de aí deriva o título da canción. Pero xamais cantou dita canción dentro da xira, e os únicos rexistros gravados que se teñen desta canción é o 31 de decembro do 2005 cando a artista cantou a canción dentro do seu concerto do final de ano COUNTDOWN LIVE 2005-2006, ironicamente dous anos despois do a-nation '03.

Lista de temas

[editar | editar a fonte]
#Título
1.Ourselves "Original Mix"
2.Greatful days "Original Mix"
3.HANABI ~episode II~ "Original Mix"
4.Theme of a-nation '03
5.Ourselves "Original Mix -Instrumental-"
6.Greatful days "Original Mix -Instrumental-"
7.HANABI ~episode II~ "Original Mix -Instrumental-"

Posición nas listas

[editar | editar a fonte]
Lanzamento Lista Máxima posición Vendas na primeira semana Vendas totais Semanas
9 de xullo de 2003 Oricon Daily Singles Chart #1
9 de xullo de 2003 Oricon Weekly Singles Chart #1 287,002 592,000 16
9 de xullo de 2003 Oricon Monthly Singles Chart #8