Este é o EP mellor vendido por unha cantante solista no Xapón, con máis dun millón de copias vendidas en dito pais. Un dos singles deste EP, "Forgiveness", foi o single número 30 que lanzou a artista dende o seu debut oficial en 1998, realizándose un concerto chamado "A museum ~30th single collection live~" para celebralo.
Este EP tamén foi un dos primeiros álbums que avex lanza en formato CD+DVD (o disco de son e mais un DVD incluído, xeralmente cos vídeos feitos para promover o álbum, ou nalgunhas ocasións, algunha entrevista ou escenas detrás das cámaras). O DVD para o álbum contén vídeos musicais para tódalas cancións incluídas no disco de son, coa excepción de "Memorial Address (take 2 versión)", e tamén un digest ou preview do concerto aniversario de A museum. O vídeo musical de "Because of You" gañou o premio ó mellor vídeo feminino na entrega dos MTV Video Music Awards Japan do ano 2004.
A canción "Memorial Address" é considerada como un bonus track do álbum, a pesar de que o álbum leva o seu nome. A canción é unha adaptación dunha das cancións de LOVER SOUNDTRACK, coas letras escritas por Ayumi Hamasaki; debido a isto o de take 2 version, xa que non é unha melodía orixinal. É a segunda vez dende "Ever Free" (no single de "Vogue") que as letras dunha canción non son publicadas no libreto do disco a petición da artista, xa que a artista considera o seu contido bastante emocional e privado. "Memorial Address" tamén foi incluída como canción secreta do A BEST 2 –BLACK- despois da última pista.