RAINBOW

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

RAINBOW
Álbum de Ayumi Hamasaki
Gravación2002
Duración71 min, 52 s
Xénero(s)J-Pop
Selo(s)avex trax
Producido porMax Matsuura
Cronoloxía
Cyber trance presents Ayu trance 2 RAINBOW A BALLADS

RAINBOW é o quinto álbum de estudio da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado o 18 de decembro do ano 2002 baixo o selo avex trax.

Información[editar | editar a fonte]

Este é o primeiro álbum onde Ayumi Hamasaki intenta introducir letras en inglés nas súas cancións e tamén onde participou máis na composición das mesmas. O álbum debutou no número 1 das listas de Oricon e foi o segundo álbum máis vendido do ano 2002 no Xapón. A pesar de que este foi o primeiro álbum que non rompeu o rexistro dos dous millóns de copias vendidas (vendeu 1.870.000 copias), para algúns dos fans é un dos mellores en canto a calidade, e sen dúbida unha fonte de fermosas baladas da artista.

Neste álbum Ayumi tratou de participar máis nas composicións, por iso é que se ve nomeada en case tódolos créditos baixo o seu alias de compositora (CREA), en especial en composicións xunto con Dai Nagao, quen usa o pseudónimo de D-A-I.

Crese que debido as múltiples promocións realizadas para o álbum, en especial remarcando o feito de que ela mesma escribira e compuxera a maioría das cancións, e foi no seu momento o álbum de peores vendas, Ayumi deixou de tomar parte nas composicións de maneira activa para deixarlle a tarefa os compositores que a acompañaron desde hai anos. Tamén varias cancións que non eran orixinalmente sinxelos foron promocionadas dentro de comerciais para a televisión, como "Heartplace", "Real me" e "Everywhere Nowhere" para produtos Panasonic, e "We Wish" para os cosméticos de KOSÉ.

Lista de temas[editar | editar a fonte]

# Título
0. RAINBOW
1. Everlasting Dream
2. We Wish
3. Real me
4. Free & Easy
5. Heartplace
6. Over
7. Hanabi
8. Taskinillusion
9. Everywhere Nowhere
10. July 1st
11. Dolls
12. Neverending Dream
13. Voyage
14. Close to you
15. Independent+

Posición nas listas[editar | editar a fonte]

Lanzamento Lista Máxima posición Vendas na primeira semana Vendas totais Semanas
18 de decembro, 2002 Oricon Daily Albums Chart #1
18 de decembro, 2002 Oricon Weekly Albums Chart #1 1,016,482 1,857,870 22
18 de decembro, 2002 Oricon Yearly Albums Chart #2
  • Vendas totais : 1,857,870 (Xapón)
  • Vendas totais : 2,000,000 (Avex)
  • Vendas totais : 3,000,000 (Asia)

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Lanzamento Título Máxima posición Semanas Vendas
24 de abril, 2002 "Free & Easy" #1 9 486,520
24 de xullo, 2002 "H" #1 24 1,016,000
26 de setembro, 2002 "Voyage" #1 28 679,463

Vendas acumuladas dos sinxelos: 2,181,983

Vendas acumuladas dos sinxelos e o álbum: 4,039,853