A BALLADS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A BALLADS
Recompliación de Ayumi Hamasaki
Lanzamento 12 de marzo, 2003
Duración 72:03
Xénero(s) J-Pop
Selo(s) avex trax
Producido por Max Matsuura
Cronoloxía
RAINBOW A BALLADS RMX Works from Ayu-mi-x 5 Non-Stop Mega Mix

A BALLADS é a segunda compilación BEST da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado orixinalmente o 12 de marzo do ano 2003. O título pronunciado pola mesma Ayumi en comerciais do álbum foi A BALLAD (エー・バラード Ei Baraddo?), pero o álbum escrito en caracteres romanos é BALLADS.

Información[editar | editar a fonte]

Tralo lanzamento de "A BEST" no ano 2001, esta é a segunda compilación de éxitos de Ayumi Hamasaki, e nesta ocasión foron incluídas as súas baladas máis representativas, e ese é o motivo do titulo do álbum. Debido a non ter o éxito esperado, principalmente despois de que A BEST vendeu máis de 4 millóns de copias, e este nin sequera alcanzou a vender dous millóns, esta compilación foi considerada un fracaso en vendas.

A principal canción que foi utilizada para promocionar este álbum foi a versión rematada de "RAINBOW", a cal non chegara a terminarse para o álbum do 2002 RAINBOW por mor de que Ayumi só tiña a melodía e non atopaba unha letra para a canción. Debido a isto, a cantante pediu axuda ós seus fans, que enviaron centos de ideas para completar a canción á súa páxina web oficial en internet, co que finalmente puido rematarse a canción, que foi incluída no álbum. Nos créditos deste, Ayumi agradece a tódolos que a axudaron nomeándoos como RAINBOW-LOVERS. A idea para as portadas do álbum tamén foron sacadas desta mesma canción, máis ben do seu videoclip. No vídeo amósase a dúas Ayumis, que segundo ela mesma dixo en entrevistas, representaban a triste e insegura nena que era no pasado, e a máis segura e tamén máis feliz muller que é no presente. Dentro de todo o vídeo, a nena triste escapa da Ayumi do presente, ata que finalmente terminan atopándose nun bar, onde se pecha o ciclo e a nena triste desaparece, deixando só á Ayumi Hamasaki do presente. Realizáronse catro portadas distintas para este álbum, e en todas elas amósase ás dúas Ayumis amosando o seu afecto cara ela mesma. As portadas, así como o vídeo musical de "RAINBOW" causaron tamén bastante balbordo, principalmente por posicións bastante comprometedoras entre as dúas (que realmente son a mesma persoa), así como bicos.

A outra canción que cabe destacar do álbum é o primeiro cover realizado por Ayumi doutra artista, "Satsugyo Shashin" (Foto da Graduación) da cantante Yumi Arai. Ayumi tamén cantou outro dos temas de Arai, como "Haru yo, Koi", pero só en presentación en vivo, e a canción antes mencionada é a única versión gravada de estudio dos covers realizados.

As demais cancións incluídas no álbum foron elixidas polos fans da artista, e practicamente todas foron arranxadas e melloradas, para que lograran encaixar mellor con nome de "balada". Non todas son sinxelos, como "Who...", que é a canción que Ayumi dedicou a súa avoa, que foi a persoa que a criou. Porén, hai excepción, xa que por exemplo, a versión regravada do tema "A Song for XX" é unha versión rock, e tamén algunhas partes das letras desta canción foron cambiadas.

Lista de temas[editar | editar a fonte]

# Título
1. RAINBOW
2. appears "HΛL'S Progress"
3. Key ~eternal tie ver.~
4. YOU "nothen breeze"
5. TO BE "2003 ReBirth Mix"
6. HANABI
7. M "HΛL'S Progress"
8. Dearest
9. Dolls
10. SEASONS "2003 ReBirth Mix"
11. Voyage
12. A Song for ×× "030213 Session #2"
13. Who... "Across the Universe"
14. Satsugyo Shashin (卒業写真 Satsugyō Shashin?)

Posición nas listas[editar | editar a fonte]

Lanzamento Lista Máxima posición Vendas na primeira semana Vendas totais Semanas
12 de marzo, 2003 Oricon Daily Albums Chart[1] #1
12 de marzo, 2003 Oricon Weekly Albums Chart #1 561,127 1,041,000 39
12 de marzo, 2003 Oricon Yearly Albums Chart #8
  • Vendas totais: 1 041 000 (Xapón)
  • Vendas totais: 2 000 000 (Asia)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Oricon (ed.). "浜崎あゆみのリリース一覧" (en xaponés). Consultado o 17 de agosto de 2014.