Step you/Is this LOVE?

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«Step you/Is this LOVE?»
sinxelo de Ayumi Hamasaki
do álbum '(miss)undestood'
Lanzamento 20 de abril de 2005
Formato {{{formato}}}
Gravada 2005
Xénero musical J-Pop
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 18:27
Discográfica avex trax
Produtor(es) Max Matsuura
Escritor(es) Ayumi Hamasaki
Cronoloxía
«Carols» «Step you/Is this LOVE?» «Fairyland»
Miscelanea {{{miscelanea}}}

Step you / Is this LOVE? é o single nº 35 da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado orixinalmente o 20 de abril do ano 2005, foi o primeiro single da cantante lanzado ese ano.

Información[editar | editar a fonte]

Tralo éxito do single anterior, "Carols", e unha larga espera de meses, lanzouse este single, o primeiro de unicamente dúas caras A de Ayumi Hamasaki. Orixinalmente estaba destinado a ser unha versión de rock máis acústico. A primeira versión da canción estreouse en comerciais da cadea de produtos Panasonic, pero posteriormente modificouse, e dentro da xira que Hamasaki daba dentro dese ano ayumi hamasaki ARENA TOUR 2005 A~MY STORY~, a canción "Step you" cantouse en vivo por primeira vez, sobstituíndo a "Trauma".

O single logrou de novo grandes vendas, superando a varios singles anteriores da cantante que pouco a pouco foran baixando en popularidade. O single foi o máis vendido do 2005, ata que ese mes o superou o single de Mika Nakashima (lanzado baixo o nome NANA) "Glamorous Sky".

O single tamén logrou chamar a atención grazas a que incluíu un novo vídeo musical dunha das pistas do álbum MY STORY, a canción feminista "My name's WOMEN", que non logrou converterse en single pola súa conta, pero si foi promocionada en televisión tamén grazas a produtos da empresa Panasonic.

Relación vídeo/canción[editar | editar a fonte]

Os tres vídeos presentes neste single teñen historias completamente diferentes, sen ningunha relación aparente un co outro.

No vídeo musical de "Step you" móstrase a catro tipos de persoas distintas representados polos números 1,2,3 e 4, e interpretados pola mesma Ayu. A primeira é o que pode considerarse a chica “kawaii”, algo así como a “xenial”. A segunda é unha chica máis madura, que viste elegantes roupas. A terceira é a “anxelical”, que agarda a que algún día un príncipe a leve a algún lugar distante. Por último, a cuarta é o que pode chamarse “a fera”, que posúe unha gran melena, á parte de voluptuosos movementos. O vídeo musical ten relación coa canción, posto que o tema trata principalmente sobre querer achegarse a unha persoa, tratar de coñecela, e lograr chegar a ver o verdadeiro eu desa persoa e ó mesmo tempo mostrar as facetas da persoa (nese caso Ayumi) que se quere achegar.

Tralo tema algo relaxado e alentador do primeiro tema, "Is this LOVE?" presenta algo máis melodramático. O tema trata sobre un desamor, e tamén os celos ó ver a persoa amada xunto a outra, e vela feliz nesa situación. No vídeo musical vese a Ayumi recordando o seu vello fogar que agora esta convertido en ruínas. A moza ve como os seus recordos vanse destruíndo pouco a pouco, de forma literal.

Con "My name's WOMEN" mostrase o lado feminista de Ayumi Hamasaki, tanto na canción como no vídeo. O inicio do vídeo vese a unha “nerd” (interpretada pola mesma Ayumi) que é rexeitada por alguén polo que se sente atraída, e dáse conta de que é un mullereiro. Nese momento decídese vingar, e aparecen como invitadas especiais CHIHARU e ETSU da banda TRF, para desafiar ós homes (bailaríns), entre os que se encontra o que rexeitou a Ayu. As imaxes de detrás da cámara deste vídeo non se atopan rexistradas en ningún lanzamento oficial (como nos outros dous anteriores, onde no álbum (miss)understood vense rexistradas imaxes da gravación), porén transmitiuse nunha edición do programa Making The Video que mostrou como se realizou o vídeo musical desta canción.

Lista de temas[editar | editar a fonte]

CD[editar | editar a fonte]

# Título
1. Step you
2. Is this LOVE?
3. Step you (Instrumental)
4. Is this LOVE? (Instrumental)

DVD[editar | editar a fonte]

# Título
1. Step you (videoclip)
2. Is this LOVE? (videoclip)
3. My name's WOMEN (videoclip)

Posición nas listas[editar | editar a fonte]

Lanzamento Lista Máxima posición Vendas na primeira semana Vendas totais Semanas
20 de abril de 2005 Oricon Daily Singles Chart #1
20 de abril de 2005 Oricon Weekly Singles Chart #1 164,008 345,340 19
20 de abril de 2005 Oricon Monthly Singles Chart #1
20 de abril de 2005 Oricon Yearly Singles Chart #19

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]