Saltar ao contido

A Song for XX

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Song for XX
Ayumi Hamasaki Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
Características
 Xénero artístico
 Forma artística
 Lingua
Implicados
 Produtor/a
 Interpretado por
 Letra de
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
1999 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/064qk6 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Discogs: 336148 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A Song for XX é o álbum debut da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, producido por Max Matsuura e lanzado o 1 de xaneiro de 1999 baixo o selo avex trax.

Información

[editar | editar a fonte]

Tódalas letras do álbum foron escritas pola mesma Ayumi, o que tamén comezou pouco a pouco a quitar o estigma que algúns medios lle deran con respecto as súas habilidades como artista e intérprete. Case todas elas reflectían unha rapaza bastante asustada co mundo que comezaba a coñecer, e do medo ó fracaso, que xa coñecera cos seus anteriores lanzamentos, e tamén fala da soidade e de non poder expresar os seus sentimentos como ela quere, reflectindo unha inseguridade bastante marcada. Moitos dos que escoitaron o álbum, principalmente fanáticos, cualifícano como un dos mellores no tocante ás letras.

Aínda que o título orixinal tanto do álbum coma da canción é "A Song for XX", os "XX" non se pronuncian, xa que a letra X úsase constantemente no Xapón para referirse a unha información incompleta, o neste caso, ausente. O seu similar en galego sería "A Song for __", como un espazo coa incógnita de para quen vai dirixida realmente a canción.

Lista de temas

[editar | editar a fonte]
#TítuloDuración
1.Prologue1:25
2.A Song for XX4:44
3.Hana4:07
4.Friend4:11
5.Friend II3:59
6.Poker Face4:41
7.Wishing4:29
8.You4:46
9.As if...5:36
10.Powder Snow5:27
11.Trust4:48
12.Depend on you4:20
13.Signal4:25
14.From your letter4:38
15.For My Dear...4:32
16.Present4:30

Posición nas listas

[editar | editar a fonte]
Lanzamento Lista Máxima posición Vendas na primeira semana Vendas totais Semanas
1 de xaneiro, 1999 Oricon Daily Singles Chart #1
1 de xaneiro, 1999 Oricon Weekly Singles Chart #1 548,210 1,451,910 63
1 de xaneiro, 1999 Oricon Yearly Albums Chart #15
Lanzamento Título Máxima posición Semanas
8 de abril, 1998 Poker Face #20 6
10 de xuño, 1998 You #19 10
5 de agosto, 1998 Trust #9 10
7 de outubro, 1998 For My Dear... #9 7
9 de decembro, 1998 Depend on you #6 9