Saltar ao contido

Carols

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carols
Ayumi Hamasaki Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Formato de distribución
Implicados
 Produtor/a
 Interpretado por
 Letra de
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
29 de setembro de 2004 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
 Sucedido por
Códigos e identificadores
Freebase/m/08qwxr Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Discogs: 91626 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

CAROLS é o single nº 34 da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado orixinalmente o 29 de setembro do ano 2004.

Información

[editar | editar a fonte]

Este single é o que foi publicado en máis formatos distintos no momento do seu lanzamento, entre ditos formatos encóntranse ademais de versións CD e CD+DVD, versións de SACD así como de DVD-Son. Descoñecese o motivo polo que foi lanzado en tanto formatos, pero varios traballos realizados por outros artistas de Avex Trax nesa época tamén lanzáronse en máis formatos do habitual. O máis probable é que fose para ver se estes formatos atraían ó público, e se lograban mellores vendas.

A balada “CAROLS” utilizouse para comerciais da cámara dixital modelo LUMIX DMC-FX7 de Panasonic. O comercial de dito produto foi amplamente difundido, e as rúas das principais avenidas do Xapón se encheron de fotos de Ayu promovendo este produto. O traxe que a cantante utiliza neste comercial tamén causou conmoción entre os fanáticos, xa que é un sensual corsé. O traxe incluso foi imitado e comercializado. Posteriormente utilizouse o mesmo comercial, pero para "CAROLS Classical", unha versión da canción con orquestra, para o álbum MY STORY Classical, que foi lanzado en 2005.

O vídeo musical de “CAROLS” pode considerarse algo monótono, e en parte é aceptable, xa que varias escenas que foron gravadas para este o final non foron incluídas. O vídeo é completamente en branco e negro, con escenas de Ayumi no escenario dun teatro baleiro, así como imaxes dela nun carrusel. As escenas que finalmente non se incluíron no vídeo podíase ver a Ayumi sentada nun columbio da Prefectura de Kanagawa, o motivo foi que mentres gravaban estas escenas se desatou un forte vento. Algúns rexistro destas capturas están presentes nas escenas detrás de cámara do vídeo musical, que está dentro do DVD do álbum MY STORY.

Lista de temas

[editar | editar a fonte]
#Título
1.CAROLS "Original Mix"
2.CAROLS "Criminal Tribal Mix"
3.CAROLS "Hammond B-3 Whisper"
4.CAROLS "Original Mix -Instrumental-"
#Título
1.CAROLS (videoclip)

Posición nas listas

[editar | editar a fonte]
Lanzamento Lista Máxima posición Vendas na primeira semana Vendas totais Semanas
29 de setembro de 2004 Oricon Daily Singles Chart #1
29 de setembro de 2004 Oricon Weekly Singles Chart #1 177,778 309,128 14
29 de setembro de 2004 Oricon Yearly Singles Chart #20