Saltar ao contido

Moments

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moments
Ayumi Hamasaki Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Formato de distribución
Implicados
 Produtor/a
 Interpretado por
 Compositor/a
 Letra de
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
31 de marzo de 2004 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
 Sucedido por
Fontes e ligazóns
Freebase/m/08qw_b Editar o valor en Wikidata
Discogs: 91628 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Moments é o single nº 32 da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado o mercado baixo o selo avex trax o 31 de marzo do ano 2004.

Información

[editar | editar a fonte]

Este single foi lanzado o ano 2004. Foi o primeiro da artista en ser lanzado nos novos formatos que Avex comezou a probar cos seus artistas lanzando singles en dous formatos diferentes: o CD sinxelo común e ademais outra edición cun DVD extra que incluía o vídeo musical da canción, e nalgunhas ocasións outro material adicional. No caso de Ayumi, este primeiro single lanzado en formato CD+DVD, incluía unicamente o vídeo musical.

O single tamén foi un grande éxito, permanecendo por dúas semanas consecutivas no primeiro posto das listas de Oricon, e tamén sendo o décimo noveno single de Ayumi en conseguilo. Tamén lle valeu unha invitación para participar no popular programa de fin de ano Kōhaku Uta Gasen.

Esta foi a primeira canción que contou con composicións e arranxos de HIKARI, músico que despois tamén traballaría en varias cancións para a cantante do seu álbum MY STORY, onde esta canción tamén foi incluída. O tema caracterízase por ser un dos únicos singles orientados o Pop/Rock.

En entrevistas, Ayumi dixo que "Moments" realmente foi escrita arredor do ano 2000, no período de lanzamentos de "Vogue", "Far away" e "Seasons", e hai rexistro de versións anteriores á que foi gravada finalmente en 2004 e convertida en single. Unha versión absolutamente distinta pode apreciarse no comercial dos produtos VISÉE de KOSÉ Corporation. Cabe mencionar ademais que este comercial sería o último feito por Ayumi para dita empresa, xa que despois foi substituída pola cantante Beni Arashiro.

Tamén é a apertura do videoxogo (non oficial) de Fullmetal Alchemist Blue Bird Illusion.

Lista de temas

[editar | editar a fonte]
#Título
1.Moments "Original Mix"
2.Moments "Acoustic Piano Version"
3.Moments "Flying humanoid Mix" Remezclado por CMJK
4.Moments "Original Mix -Instrumental-"
#Título
1.Moments (videoclip)

Posición nas listas

[editar | editar a fonte]
Lanzamento Lista Máxima posición Vendas na primeira semana Vendas totais Semanas
31 de marzo de 2004 Oricon Daily Singles Chart #1
31 de marzo de 2004 Oricon Weekly Singles Chart #1 157,320 303,000 21
31 de marzo de 2004 Oricon Yearly Singles Chart #19