"A" é o sinxelo número 10 da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado ó mercado o día 11 de agosto do ano 1999 baixo o selo avex trax. Foi o segundo sinxelo da cantante lanzado en formato Maxi single.
Aínda que o título orixinal sexa nada máis que a letra A, non é debido a que teña unha canción chamada do mesmo xeito. Este é o primeiro sinxelo de Hamasaki de máis dunha cara que son os representados cunha letra ou símbolo en particular. Neste caso o sinxelo é un de dobre cara A, que contén os temas "Monochrome", "Too Late", "Trauma" e "End Roll".
Para ningún dos catro temas do sinxelo foi gravado un vídeo musical, e unicamente se valeu dos distintos comerciais para a televisión onde as cancións foron utilizadas como a principal forma de promoción. Tanto “Trauma” como “Monochrome” foron temas utilizados para a marca de refrescos Japan Tobacco (mellor coñecidos como “JT”); “Too Late” dentro de comerciais para unha motoneta da empresa Honda, e finalmente “End Roll” como canción de enganche para un dos chocolates da grande empresa Morinaga, que ten un gran prestixio no Xapón. Dentro do comercial a única versión que non era orixinal foi a de “End Roll”, onde no seu lugar utilizouse unha versión remix.
Para o lanzamento do segundo álbum de estudio de Ayumi, titulado "LOVEppears" foron incluídas as catro cancións, pero en versións melloradas e remesturadas, obra de Dave Ford. A mellora da calidade dalgunhas cancións faise expresa nos temas “Monochrome” e “Too Late”; que foron notablemente mellorados. Tódolos temas foron escritos por Ayumi Hamasaki, e compostos por Dai Nagao.
A súa primeira semana debutando nas listas de Oricon entrou directamente ó primeiro lugar sen maiores problemas. Na súa segunda semana nas listas non decaeu nin un só lugar, permanecendo no primeiro lugar por dúas semanas de forma consecutiva. Anteriormente "Boys & Girls" estivera no primeiro lugar das listas de sinxelos as tres semanas anteriores ó lanzamento deste single, polo que foron en total cinco semanas nas que Ayumi liderou as listas de sinxelos de Oricon sen caer do primeiro lugar. Finalmente a que destronou a Ayumi foi GLAY, que obtivo o primeiro lugar a semana seguinte, aínda así a pesar de perder o primeiro lugar, “A” converteuse no primeiro single de Ayumi Hamasaki en converterse en disco de oro, e dicir, en romper a barreira do millón de copias vendidas. Tamén e ata hoxe o single con mellores vendas de Hamasaki segundo Oricon, cun total de 1 millón 670 mil copias vendidas aproximadamente.
Este foi tamén o primeiro single onde Ayumi estreou o seu logotipo, que máis tarde seria un dos seus selos característicos. O logo presente neste single é a combinación entre as dúas iniciais do seu nome con letras latinas (a A e a H), e posteriormente foi cambiada a súa forma ata a versión que actualmente se lle asocia á artista, e que está presente en tódolos seus lanzamentos.
O single foi lanzado en varias edicións con varias cores en distintos CDs, aínda que a imaxe da portada non variaba maiormente. Unha variación maior deuse nas portadas onde foron creadas dúas versións: unha de cor dourada e outra prateada. Entre algunhas versións deuse un mínimo cambio na orde das cancións que compoñían o single; nuns “Monochrome” era a primeira canción, e noutros “Trauma”.