"Together When…" é o primeiro sinxelo dixital e o nº43 da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado ó mercado o 5 de decembro do ano 2007 baixo o selo avex trax. A canción foi distribuída a finais de novembro (antes do lanzamento oficial) como melodía de teléfono. Na versión de estudio da canción, o baixo tócao Chris Chanley da banda Jane’s Addiction. A batería desa versión tócaa Makoto Izumitani, quen toca con Gwen Stefani.
O videoclip de "Together When..." transcorre nunha cidade de aspecto europeo, onde Hamasaki ve un espectáculo de marionetas sentada nun banco mentres canta. Entón comeza unha tormenta e as marionetas caen o chan, unha delas (que representa a mesma Hamasaki) rómpese. Despois diso, vémola andando sobre un espazo azul baleiro, vestida como a marioneta, mentres chove. Revelase que Ayumi converteuse na marioneta e o vídeo remata con ela afastándose do banco, onde deixou de chover, e meténdose nun taxi.