Emilio García Silvero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emilio García Silvero
Nacemento1977
Lugar de nacementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndirixente deportivo
Na rede
Dialnet: 273949
editar datos en Wikidata ]

Emilio García Silvero, nado na Coruña en 1977, é un avogado e directivo deportivo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado pola Universidade de Estremadura e Doutor en Dereito pola Universidade Rei Xoán Carlos (sobresaínte cum laude), especializouse en dereito deportivo na Universidade de Lleida (Cataluña), Harvard (USA) e Science Po (Francia), con diferentes másteres en dereito e xestion deportiva. E autor de diferentes monografías e artigos de investigación a nivel nacional e internacional.

En 2004 comezou a traballar como director legal da Real Federación Española de Fútbol, posto que mantivo durante oito anos. Durante ese período formou parte tamén do Consello de Control e Disciplina da UEFA, e en 2012, foi nomeado Árbitro do Tribunal de Arbitraxe no Deporte de Lausana.

En 2012 foi nomeado xefe dos Servizos Disciplinarios e de Integridade da UEFA con Michel Platini,[1] e árbitro do Tribunal Arbitral do Deporte (TAS)[2] posto que se transformou en director xeral de Integridade baixo o mandato de Aleksander Čeferin en 2017, cando este foi elixido novo presidente da UEFA.[3]

En 2014 foi condecorado polo Goberno de España coa Orde do Mérito Deportivo.

En febreiro de 2018 numerosos presidentes de clubs, federacións deportivas e dirixentes da Liga de Fútbol Profesional propón a García Silvero como Presidente da Federación Española de Fútbol, cargo que finalmente declinou aceptar para continuar a súa carreira internacional.[2] En setembro de 2018 foi nomeado Director Legal da FIFA onde dirixe toda a actividade legal da Federación Internacional na súa sede de Zúric (Suíza).[2]

Notas[editar | editar a fonte]