Papel de lixa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diversas lixas de numeracións 40, 80, 150, 240 e 600.

A lixa, ou papel de lixa é unha folla de papel que ten nunha das súas caras adherido un material abrasivo, composto xeralmente por grans minerais (areas, esmeril) que se utiliza para pulir madeiras, metais, e outros materiais.

A súa granulación varía de 16 a 3000, que se refire ao número de grans de area por centímetro cadrado. Canto maior a granulación, máis fina é.

As lixas mais finas utilízanse normalmente utilizadas para pulimento. Unha lixa 200, por exemplo, é a máis indicada para paredes e madeira.

Numeración[editar | editar a fonte]

Lixa Especificación/Utilización
20 Extremadamente grosa, con gran capacidade de desbaste.
36 Extremadamente grosa, con gran capacidade de desbaste para madeiras e outros materiais.
60 Grosa.
80/100 Grosa, utilizada para a remoción de oxidacións de metais e para superficies con pinturas de difícil remoción.
120/180 Media, de utilización en xeral.
220/240 Media, recomendada para madeiras.
320 Fina, a primeira lixa para acabados máis finos.
400 Fina, recomendada para lustrar.
600/1200 Moi fina, para lustre e pulimento.
>1600 Extremadamente fina, para lustre de xoias.