Carmen Maura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Carmen Maura
Carmen Maura en 20 minutos.jpg
Nome completo Carmen García Maura
Nacemento 15 de setembro de 1945
  Madrid
Nacionalidade España
Ocupación actriz, presentadora de televisión e actriz de cinema
Coñecido/a por Volver
Premios Donostia Award, Gran Cruz da Orde Civil de Afonso X o Sabio, Cuncha de Prata á mellor actriz, Premio Goya á mellor interpretación feminina secundaria, Premio Goya á mellor interpretación feminina protagonista, lista de atrizes premiadas no Festival de Cannes, Premio Goya á mellor interpretación feminina protagonista, Premio Goya á mellor interpretación feminina protagonista e César de melhor atriz secundária
editar datos en Wikidata ]

Carmen García Maura, coñecida por Carmen Maura, nada en Madrid o 15 de setembro de 1945, é unha actriz española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada no barrio de Chamberí en Madrid, é sobriña-neta do político Antonio Maura, e na súa infancia era veciña de Edgar Neville e Conchita Montes.

Comezou a actuar no Teatro Español Universitario, onde a viu o crítico Alfredo Marquerie, que lle aconsellou que se dedicase profesionalmente á interpretación. A pesar de non contar co apoio da súa familia traballou en cafés-teatros e en pequenos papeis na televisión.

A finais dos anos setenta consegue os seus primeiros protagonistas no cinema, en filmes de Fernando Colomo. En 1977, actuando no teatro coñece a Pedro Almodóvar, co que comeza unha grande amizade e co que rodaría varios filmes. Estes filmes son os que levarán á Maura á fama nos anos oitenta.

Nos anos noventa, tras romperse a súa relación con Almodóvar, seguiu traballando con directores como Saura, ademais de comezar unha carreira internacional, especialmente en Francia, chegando a gaña un premio César en 2010.

Filmografía parcial[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
2008 Mellor actriz O menor dos males Nomeada

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

IMDB


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.