Rotación da Terra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rotating earth (large).gif
Representación animada dun péndulo de Foucault que mostra a rotación no hemisferio sur.

A rotación da Terra é o movemento xiratorio que a Terra realiza arredor do seu eixo, no sentido anti-horario para un referencial observando o planeta do espazo sideral sobre o polo Norte. O seu período, é dicir, o tempo que lle leva xirar 360 graos ou unha volta completa, é de 23 horas, 56 minutos, 4 segundos e 9 centésimos (23:56'04"09).

Período de rotación[editar | editar a fonte]

Movemento de rotación.

O movemento da Terra é complexo e simplifícase utilizando un método común na mecánica en tres movementos independentes: nutación, precesión e rotación propia (deixando a á parte a traslación). A rotación propia é un movemento que efectúa a Terra virando sobre si mesma ao longo dun eixo ideal denominado eixo terrestre. Unha volta completa, tomando como referencia as estrelas, dura 23 horas, 56 minutos e 4 segundos e denomínase día sidéreo.

Con todo, a primeira referencia tomada polo home foi o Sol, cuxo movemento aparente, orixinado na rotación da Terra, determina o día e a noite, dando a impresión que o ceo vira ao redor do planeta. No uso coloquial da linguaxe utilízase a palabra día para designar este fenómeno, que en astronomía refírese como día solar e correspóndese co tempo solar.

Como se observa no gráfico, o eixo terrestre forma un ángulo de 23,5 graos respecto da normal da eclíptica, fenómeno denominado oblicuidade da eclíptica. Esta inclinación produce os longos meses de luz e escuridade nos polos xeográficos, ademais de ser a causa das estacións do ano debido ao cambio no ángulo de incidencia da radiación solar.

(1) Mediodía nun determinado punto da Terra.
(2) A Terra xirou 360 graos: día sideral.
(3) O mesmo punto inicial marca mediodía de novo: día solar.
OBS: o observador está no espazo sideral e enxergamos o polo Norte da Terra (en azul).

Día solar[editar | editar a fonte]

O día solar é a medida do tempo baseada na observación do Sol. Na Terra o día solar medio é de 24h. Podemos entendelo como o tempo que o Sol tarda en adoptar a mesma posición no ceo (mesmo meridiano) despois de iniciada a medición. Un exemplo práctico sería imaxinar que a duración do día solar medio é o tempo que leva para o Sol, estando no seu punto máis alto (mediodía) atinxir no día seguinte ese mesmo punto. En verdade, o período do día solar varía conforme as estacións do ano, mais para efectos deste concepto considérase o valor de 24 horas.

Día sideral[editar | editar a fonte]

O día sideral é a medida do tempo baseada na observación das estrelas que non o Sol. As estrelas, por estaren moi distantes da Terra, están aparentemente sempre na mesma posición en relación á Terra. Polo tanto, para medir o día sideral utilizamos as estrelas como referencia. O concepto de día sideral é o período de tempo que leva para unha determinada estrela volver á mesma posición que estaba no inicio da medición, considerando un punto de observación fixo no planeta. Ese tempo é de 23 horas 56 minutos 4 segundos e 9 centésimos.

Como afectan os terremotos á rotación da Terra[editar | editar a fonte]

No final do ano de 2004 houbo un grande terremoto na Asia e constatouse que o fenómeno, debido á a súa magnitude, tivo efectos sobre a rotación da Terra. Científicos da NASA, a axencia espacial americana, divulgaron que tal terremoto aumentou lixeiramente a rotación da Terra de forma que a duración do día diminuíu en 2,68 microsegundos (1 microsegundo é igual a 1/1000000 segundo, ou sexa, un millón de veces menor que 1 segundo).

Cando varía a distribución de masa nun corpo varía unha cantidade física, o momento de inercia, que relaciona velocidade de xiro coa forza aplicada. Sen variar a forza exterior, só variando a distribución de masa, varía a velocidade angular. Cando hai deslocamento de masa nas placas tectónicas (no caso dos terremotos) nun corpo en rotación, se a masa se aproximase ao eixo de rotación haberá un aumento da velocidade de rotación. Se a masa se afastase do eixo ocorrerá unha diminución da velocidade de rotación.

Os terremotos orixínanse na súa gran maioría nas zonas de contacto das placas tectónicas. Hai varios tipos de movementos entre placas que poden orixinar terremotos. Cando ocorre a formación dunha elevación na superficie terrestre en decorrencia de terremotos, hai unha pequena desaceleración no movemento de rotación da Terra. O oposto, formación dunha depresión, ocasiona unha pequena aceleración no movemento de rotación da Terra. Exemplos de elevacións serían as montañas e de depresións, os abismos oceánicos. Os efectos na rotación da Terra son imperceptíbeis mais poden ser medidos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]