Zifio caldeirón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zifio caldeirón
Hyperoodon ampullatus
Tamaño comparado co dun humano
Tamaño comparado co dun humano
Estado de conservación
CC
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Superfamilia: Ziphioidea
Familia: Ziphiidae
Subfamilia: Hyperoodontinae
Xénero: Hyperoodon
Especie: H. ampullatus
Nome binomial
Hyperoodon ampullatus
(Forster, 1770)
Distribución do zifio caldeirón

Distribución do zifio caldeirón
Sinonimia
Referencia:[1]
  • Hyperoodon butskopf (Bonnaterre, 1789)
  • Hyperoodon latifrons Gray, 1846
  • Hyperoodon rostratus (Müller, 1776)
  • Balaena rostrata Forster, 1770
  • Balaena rostrata Müller, 1776

O zifio calderón porpiamente dito,,[2] ou zifio caldeirón boreal Hyperoodon ampullatus é unha das dúas especies de cetáceos odontocetos do xénero Hyperoodon da familia dos zifíidos.

A especie foi definida en 1770 por Johann Reinhold Forster como Balaena rostrata e, posteriormente, en 1804 refefinida e reclasificada no xénero Hyperoodon por Lacépède, que a denominou Hyperoodon butskopf; pero, debido á regra da antigüidade, dada a primacía da súa descrición por Forster, o nome científico válido na actualidade é Hyperoodon ampullatus (Forster, 1770).[3]

Careacterísticas e bioloxía[editar | editar a fonte]

Os machos alcanzan un tamaño de até 9 m de lonxitude, e un peso dunhas 10 t. As femias son menores (de 7 a 8,5 m de lonxitude).

A xestación dura 12 meses. A súa lonxevidade é de 37 anos por termo medio.

Comportamento[editar | editar a fonte]

É capaz de mergullarse entre 14 e 70 min sen respirar. As súas inmersións son profundas, pero probabelmente non percorre longas distancias durante ese tempo.[4]

Ambos os sexos teñen dous pequenos dentes na mandíbula.[4] [5]

Distribución[editar | editar a fonte]

Encóntrase en augas do océano Atlántico Norte e o océano Ártico, entre Islandia, o suroeste de Svalbard e as costas do norte de Europa, chegando até Nova Escocia (Canadá), e como límite sur as illas Azores. Nas súas migracións nadancara ao norte durante a primavera e cara ao sur no outono.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hyperoodon ampullata en SIIT (en castelán)
  2. Lahuerta e Vázquez (2000), p. 313.
  3. Hyperoodon en Mammal Species of the World.
  4. 4,0 4,1 Hiperoodon planifrons en ADW. (en inglés)
  5. Hyperoodon ampullatus en MarineBio.org.
  6. BBC NEWS | UK | England | London | Whale spotted in central London

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Zifio caldeirón
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Zifio caldeirón

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Carwardine, Mark (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1037-3.
  • Duguy, R. e Robineau, D. (1987): Guía de los mamíferos marinos de Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0811-5.
  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Perrin, William F., Bernd Wursig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego, California: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0801882214.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]