Zifíidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zifíidos
Ziphiidae

Rango fósil: mioceno - actualidade

Zifio de Sowerby (Mesoplodon bidens)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Familia: Ziphiidae
Gray, 1850
Subfamilias, Xéneros e Especies
Véxase texto
Sinonimia
Véxase o texto

A dos zifíidos[1] (Ziphiidae) é unha familia de mamíferos cetáceos odontocetos, a única da superfamilia dos zifioideos, que inclúe os zifios.

Trátase da familia de grandes mamíferos menos coñecida: varias das súas especies non se descubriron até as dúas últimas décadas do século XX.

Os zifios son o segundo grupo de cetáceos en canto a número de especies, despois da familia dos golfiños, e foron un dos primeiros que diverxeron da liñaxe ancestral.

Os fósiles máis antigos encontráronse en sedimentos do mioceno, de hai uns 20 millóns de anos.

Características[editar | editar a fonte]

Zifio de Arnoux saltando, na Antártida.

Os membros desta familia teñen un tamaño medio (para cetáceos), comprendido entre os 2 e os 14 m de lonxitude, e un peso que vai desde 1 a 15 t. A súa principal característica distintiva é a presenza dun fociño fino, similar ao de moitos golfiños, pero aínda máis estreito e dous sucos que converxen na garganta. Tamén se caracterízan por teren a aleta caudal sen incisura, as pectorais e a dorsal pequenas, e esta última situada nunha posición moi posterior.[2]

Aínda que Tasmacetus shepherdi é unha excepción, a maioría das especies desta familia só teñen un ou dous pares de dentes, e incluso estes poden faltar nas femias. A miúdo presentan dimorfismo sexual marcado.[3]

Coñécese moi pouco sobre a vida destes cetáceos, e mesmo algunhas especies, estudadas a partir de exemplares mortos, nunca se observaron en vida, probabelmente debido a que os seus hábitats están en augas oceánicas, moi afastadas das costas. Actualmente coñécense unhas 20 especies, pero podería haber outras aínda descoñecidas.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita polo naturalista inglés John Edward Gray —segundo os autores— en 1850,[4] en Catalogue of the Mammalia in the collection of the British Museum, with descriptions of all the species and figures of the genera. Part I. Cetacea,[5] ou en 1865,[6] en Proc. Zool. Soc. Lond., 1865: 528.[6]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome da familia, Ziphiidae, foi cuñado por Gray e está formado, como é obrigatorio, sobre a base da raíz do nome do xénero elixido como tipo, Ziphius, -is, en xenitivo, é dicir, Ziphi-, engadíndolle a desinencia -ǐdae, propia das familias dos animais.

Sinonimia[editar | editar a fonte]

Ao longo do tempo, a familia dos Ziphiidae coñeceuse tamén polos sinónimos:[4]

  • Ananarcinae Gill, 1871 (incorrecto gramaticalmente)
  • Heterodontidae Girard, 1852
  • Hyperoodontidae Gray, 1846
  • Xiphidae Ameghino, 1889
  • Ziphiinae Brandt, 1873 (Nota: véxase máis abaixo Subfamilia dos zifiinos.)

Clasificación da familia dentro dos cetáceos[editar | editar a fonte]

A familia dos zifíidos comprende unha superfamilia con 6 xéneros actuais cun total de 21 especies.

Orde Cetacea

Xéneros Incertae sedis

Subfamilia dos zifiinos[editar | editar a fonte]

Algúns autotes consideran, ademais, a subfamilia dos zifiinos,[8][9] que incluiría, entre os taxons con especies actuais, ademais do xénero Ziphius, o xénero Tasmacetus, ambos monoespecíficos. Porén, a maioría das bases de datos de especies non recoñecen esta subfamilia, integrando ambas as especies na familia dos zifíidos.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zifíidos.
  2. 2,0 2,1 Zifios Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine. en Centro de Conservación Cetacea (CCC), de Chile.
  3. Christensen, Ivar (1984). Macdonald, D., ed. The Encyclopedia of Mammals. New York (Facts on File). pp. 210-211. ISBN 0-87196-871-1. 
  4. 4,0 4,1 Ziphiidae Gray, 1850 no WoRMS,
  5. Ziphiidae Gray 1850 Arquivado 17 de setembro de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
  6. 6,0 6,1 Ziphiidae en MSW.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 Lauherta e Vázquez (2000), pp. 313-314.
  8. Ziphiinae Arquivado 28 de agosto de 2016 en Wayback Machine. no SLI da Universidade de Vigo.
  9. Ziphiinae Gray 1850 Arquivado 17 de setembro de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
  10. Ziphiinae Brandt, 1873 no WoRMS.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Carwardine, Mark (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1037-3.
  • Díaz d'a Silva, J. I. e Cartelle, Y. (2007): Guía dos mamíferos de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-96893-20-7.
  • Duguy, R. e Robineau, D. (1987): Guía de los mamíferos marinos de Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0811-5.
  • Heyning, John E (2002): "Cuvier's Beaked Whale", en Jefferson, Thomas A. Encyclopedia of Marine Mammals, pp. 305–307. San Diego (California): Academic Press. ISBN 0-12-551340-2.
  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Perrin, William F., Bernd Wursig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego, California: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]