Zach Morley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zach Morley
Budivelnik Kiev  – No. 5
Información persoal
Nacemento 25 de abril de 1983 (41 anos)
Missouri Missouri
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 100 kg (220 lb)
Posición Aleiro
Liga Ucraína Superliga Ucraína
Información da carreira
Universidade Wisconsin
Carreira dende 2005
Historial de equipos
LEB 2/LEB Gandía (2005-2007)
LEB Leite Río Breogán (2007-2008)
LEB Gandía (2008-2009)
LEB Autocid Burgos (2009-2010)
Premios e galardóns

Copa Príncipe (2008)

Zach Scott Morley, nado o 25 de abril de 1983 en Missouri, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que actualmente xoga para o Budivelnik Kiev da Superliga de Baloncesto, máxima competición profesional ucraína. Cunha estatura de 2,03 metros xoga na posición de aleiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Zach Scott Morley formouse na Universidade de Wisconsin entre os anos 2003 e 2005, ano no que decide dar o salto a Europa asinando co Gandía Basquet, que nese momento xogaba na liga LEB-2. Ese mesmo ano conseguirií o ascenso, continuando co equipo a seguinte tempada na liga LEB. Ese segundo ano foi peza fundamental para que o equipo da Safor conseguise a permanencia na competición, derrotando nun quinto partido da eliminatoria pola permanencia ao Gijón Baloncesto.

Un ano máis tarde asinaría co Leite Río Breogán, equipo co que disputou un total de 31 partidos. Foi destacada a súa contribución durante a Copa Príncipe disputada en Zaragoza para que o equipo, entón dirixido por Paco García, acadase o título. Así mesmo participou na Final Four polo ascenso de Cáceres na que caeron eliminados en semifinais polo Bruesa GBC, equipo que finalmente ascendería á ACB.

A tempada 2008 iniciouna sen equipo, sendo chamado por Gandía para axudar ao equipo a superar unha situación difícil que facía perigar a permanencia do equipo na LEB Ouro. Ao ano seguinte asinaría co Autocid Burgos, permanecendo alí unha temporada e trala cal marcharía cara a Superliga de Baloncesto de Ucraína, xogando para o Budivelnik de Kíiv.

Equipos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]