Xosé Quiroga García-Boente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXosé Quiroga García-Boente
Biografía
Nacemento1979 Editar o valor em Wikidata (44/45 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Xosé Quiroga García-Boente, tamén coñecido como Xose Quiroga, nado en Ourense en 1979, é un fotógrafo e activista galego que vive en Barcelona.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comeza estudando Dereito, licenciándose na Universidade da Coruña, e logo fórmase en fotografía documental na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña. Compaxina o seu labor como fotoxornalista en medios independentes como Diagonal e La Directa, coa pescuda artística e a docencia en cursos especializados en fotografía e ética. Adoita empregar a linguaxe inclusiva en feminino.

Os seus proxectos artísticos evolúen desde as series iniciais, enfocadas cara a unha fotografía etnográfica crítica, aos temas que singularizan a súa traxectoria como fotorreporteiro e creador: exclusión, desigualdade, crise dos refuxiados no sur de Europa ou memoria histórica e do colonialismo.

Desde 2010 colabora coa artista de orixe peruana Daniela Ortiz con intervencións que constitúen unha reflexión sobre as formas de discriminación e inxustiza (racismo, clase social, nacionalidade, xénero e sexualidade), así como outras formas de protesta social (movementos contra os deshaucios, feministas, trans...).[1] Ortiz e Quiroga crearon en 2010 Antigonia. Nexo informativo, unha canle de guerrilla informativa (ou mediaactivismo) que serviu como punto de partida para proxectos artísticos conxuntos.[2] En 2013 desenvolven o proxecto artístico e de intervención cidadá NN 15.518. O título está tirado dunha lista de Against Racism na que se contabilizan e pormenorizan as 16.264 persoas migrantes falecidas en Europa, das que 15.518 son anónimas (No Name). Ortiz e Quiroga explican o proxecto nun tráiler. A mostra completouse coa distribución de textos e unha xornada aberta á participación da cidadanía e de políticos para facer unha lectura da lista de finadas.[3]

En 2014 Ortiz e Quiroga realizan un proxecto con moita repercusión nos circuíto artístico: Estat-Nació. Proponse unha mirada crítica ao discurso da soberanía en Cataluña fronte aos dereitos e leis de estranxeiría que afectan á poboación migrante. Así, no vídeo CC13, tomando como passe-par-tour imaxes da Via Catalá que tivo lugar na diada do 11 de setembro de 2013, sobrepóñense lugares e monumentos da cidade de Barcelona que remiten a unha memoria das prácticas de colonización e escravitude levadas a cabo en Latinoamérica e sobre todo por cataláns (o Xeneral Prim i Prats, Joan Güell i Ferrer, Antonio López i López, ou o Cercle Hispano Ultramarí). En 2012 realizaron CP12, un vídeo gravado no Día da Hispanidade no porto de Barcelona. Narra desde unha posición crítica a historia da colonización española de América por medio dunha contralectura fílmica do monumento a Cristovo Colón e pon en evidencia as contradicións que xorden da banalización da memoria cando o monumento serve como motivo nas fotografías turísticas.

Membro da plataforma para esixir o peche dos centros de internamento de estranxeiros, Tanquem els CIEs, do colectivo GroundPress e de MigrARTE, alíñase no movemento abolicionista das prisións, e por iso coordina desde 2014 o proxecto colaborativo Voizes Archive,[4] un arquivo de entrevistas a persoas que están ou estiveron no cárcere sobre a súa experiencia penitenciaria. Quiroga explica o proxecto:

O noso obxectivo [...] é procurar a colaboración de diferentes colectivos anticárceres e/ou de creación audiovisual para xerar un arquivo internacional de entrevistas a persoas presas; arquivo que consideramos que podería ser de utilidade tanto para o activismo a prol da abolición das prisións como para as reflexións e investigacións que desde o pensamento crítico, quer no marco, quer á marxe do ámbito académico, están a realizarse sobre o tema dos cárceres.[5]

En 2017 foi artista en residencia no Hangar de Barcelona, compartindo estada con Lot Amorós, Marcelí Antúnez, Rubén Patiño e Carla Boserman.[6] Algunhas das súas reportaxes forman parte de fondos institucionais: “Summer Fan”, foi incluído na colección do FAD e Estat Nació na do MACBA.

Coordinou o programa escolar Zona intrusa 7 no concello de Mataró, curado, en diferentes momentos, por Quiroga e Ortiz, Núria Güell e Levi Orta.[7]

Obra[editar | editar a fonte]

Accións, intervencións e instalacións con Daniela Ortiz[editar | editar a fonte]

  • 2010 Royal Time, na Antiga Casa Haiku de Barcelona.
  • 2011 Lanzamiento, Homesession, Barcelona.
  • 2012 Homenaje a los caídos, Girona.
  • 2012 CP12, vídeo en branco e negro. Música: "Preludio a Colón" de Julián Carrillo.[1]
  • 2013 NN 15.518, La Capella, Barcelona.
  • 2013 Micro-acciones de emergencia, na ADN Platform de Barcelona, curada por Inés Jover e Claudia Segura. Escolma traballos de Núria Guell e Levi Orta, Carlos Motta e Sharon Hayes, entre outras.
  • 2014 HS, no xacemento de Atapuerca. Esta acción denuncia que a carón do xacemento arqueolóxico permanecía, sen exhumar, unha foxa común de persoas asesinadas en 1936 polo bando franquista.
  • 2014 Estat-Nació (partes I e II), na galería Àngels de Barcelona. Colección do MACBA.[2]
  • 2014 Crítica de la razón migrante, colectiva producida en La Casa Encendida de Madrid e curada por Carolina Bustamante Gutiérrez e Francisco Godoy Vega. Escolmaba obras, entre outras, de María Galindo/Mujeres Creando, Lucía Egaña, Guillermo Gómez-Peña e Coco Fusco.

Proxectos fotográficos e exposicións[editar | editar a fonte]

Libros e escolmas videográficas[editar | editar a fonte]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio Palermo Photo Story 2005

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Folla de sala" (PDF). La Capella. Consultado o 19/09/2018. 
  2. ZEMOS98 (2014-05-13). "Entrevista a Xose Quiroga. Remapping Europe". Consultado o 2018-09-19. 
  3. Na xornada participaron Ada Colau, David Fernàndez, Simona Levi, Jorge Luis Marzo, Arcadi Oliveres.
  4. "Voizes Archive". Voizes Archive (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2020. Consultado o 2018-09-19.  Arquivado 22 de outubro de 2020 en Wayback Machine.
  5. "Xose Quiroga:Prisionización de la población migrante y programa Riscanvi en Catalunya". UNIA: arte y pensamiento (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2018. Consultado o 2018-09-22.  Arquivado 23 de setembro de 2018 en Wayback Machine.
  6. "Paratext nº17 with Lot Amorós, Marcelí Antunez, Xose Quiroga, Ruben Patiño i Carla Boserman". Hangar (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2018. Consultado o 2018-09-22. 
  7. "Zona intrusa 7.". Mataró Art Contemporni (en catalán). Consultado o 2018-09-19. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Entrevistas e conversas en vídeo[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]