Exclusión social

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En ciencias sociais, denomínase marxinación, marxinalidade ou exclusión social a unha situación social de desvantaxe económica, profesional, política ou de status social, producida pola dificultade dunha persoa ou grupo para se integrar nalgúns dos sistemas de funcionamento social (integración social). A marxinación pode ser o efecto de prácticas explícitas de discriminación, que deixan ao grupo social segregado á marxe do funcionamento habitual da sociedade á que pertence.