Banda Municipal de Lugo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Banda Municipal de Lugo
PaísGalicia Galicia
CidadeLugo
Anos de actividade1869 como Banda de Música de Lugo
1876 como Banda Municipal de Lugo
Tipo de formaciónBanda de música
Circunstancias de creación
1869
Efectivo18 músicos (2019)

A Banda Municipal de Lugo é unha banda de música da cidade de Lugo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A Banda Municipal de Lugo naceu como iniciativa privada por medio dun padroado privado que se encarga da súa xestión. Se ben considérase que a banda existía con anterioridade, non é ata 1869 cando aparece o primeiro documento que a menciona.[1]

En 1876 a banda é reorganizada por Xoán Montes, quen asume o posto de director ata 1890.[2] O debut da banda renovada ten lugar o 1 de outubro de 1876 cun concerto no que a agrupación interpretou unha das obras favoritas do compositor lucense, a abertura da ópera Il pirata de Bellini.[3]

No ano 1900, logo de máis de 30 anos de existencia, a banda sufriu un paro ata que Ricardo Dorado a retomou un ano despois. De novo a banda cesou as súas operacións en 1936 debido ao encarceramento ideolóxico do que era daquela o seu director, Manuel Sariñena, un paro que se mantería ata o final da guerra civil.[4]

O 9 de agosto de 1963 a banda, integrada daquela por 48 persoas, disolveuse pola imposibilidade económica do Concello de Lugo para sostela. Con todo, a presión social e dos medios fixo que poucos meses despois se reorganizara a agrupación.[4]

No verán de 2018 o Concello de Lugo convocou un proceso para cubrir a praza de director por comisión de servizo. A principios de 2019 anunciouse que Bernardo Méndez Castro dirixiría a formación lucense, que permanecía sen director dende ía ano e medio.[5] Con todo, o nomeamento non chegou a realizarse, xa que o interventor e a vicesecretaria do Concello emitieron informes desfavorables ao non contar coa titulación necesaria para dirixir, ademais varios sindicados recurriron xudicialmente a elección, que estivo rodeada de polémica ao ser Bernardo Méndez o irán do director da Escola Municipal de Música, Carlos Méndez, que formara parte da candidatura de Lara Méndez á alcaldía de Lugo.[6]

Directores[editar | editar a fonte]

Dende 1869 ata a súa conversión en banda municipal, a agrupación estivo dirixida por J. Dorado, a quen sucedeu no cargo Manuel Calvo y Novoa. O compositor lucense Xoán Montes Capón pasou a ocupar a dirección da banda en 1876, sendo o primeiro director da banda logo de pasar a ser municipal.[7]

  • Xoán Montes Capón (1875-1884)[3]
  • Bernardo Soto, Julián González Llorens, José Cedeira Álvarez, Baldomero Latorre Capón, Benito Lizasuaín e Juan Montañés Marqués (1876-1900)[7]
  • Benito Patán, Antonio Martí e Ricardo Dorado (1900-1915)[7]
  • Juan González Páramos (1915-1923)[7]
  • Manuel Sariñena García (1923-1943)[7]
  • Francisco Méndez Rodríguez (1944-1977)[3]
  • Indalecio Fernández Groba (1979-1991)[8]
  • Rosendo Ivorra Jover (1991-2016)[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Banda Municipal de Música". Concello de Lugo. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2019. Consultado o 11 de xullo de 2019. 
  2. Calvo Rodríguez, Uxía; López Fojón, Ismael. "Barrio do romanticismo. Capela do Cementerio de San Amaro de A Coruña. Montes Capón, Xoán (Lugo 1840-1899)". laciudadgallegadelosmusicos.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 11 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "BANDA MUNICIPAL DE LUGO" (PDF). lugo.es. Consultado o 11 de xullo de 2019. 
  4. 4,0 4,1 "El día que la banda municipal de música de Lugo echó el cierre". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de agosto de 2013. Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  5. Uz, Carmen (2 de febreiro de 2019). "Bernardo Méndez dirigirá la banda tras 16 meses sin apenas conciertos". El Progreso (en castelán). Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  6. Uz, Carmen (22 de xullo de 2019). "La banda municipal de música seguirá sin actuar tras dos años sin director". El Progreso (en castelán). Consultado o 15 de outubro de 2019. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 "Preguntas frecuentes sobre a Banda Municipal de Música" (en castelán). Concello de Lugo. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2019. Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  8. "Indalecio Fernández Groba. Miembro del Jurado" (en castelán). Certamen Internacional de Bandas de Música Ciudad de Valencia. Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  9. Souto, Enrique G (19 de outubro de 2018). "La Banda Municipal, casi dos años en silencio". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de xullo de 2019.